Actualidade

En memoria de Albina Pérez. Loitadora antifranquista

A CRMH da Coruña quere expresar publicamente o seu pesar polo falecemento de Albina Pérez, e de xeito particular ao seu fillo Luis Costa, socio da CRMH da Coruña.

Albina Pérez foi unha loitadora antifranquista, é, xunto a Nicolas Sánchez Albornoz (Madrid, 1926), era única sobrevivente do grupo de loitadores universitarios membros de FOINA (Federación Universitaria Estudantil) que foron represaliados en 1947 pola Brigada Político Social e encarcerados polas súas reivindicacións pacíficas na contorna da universidade.

Albina pasou pola cadea por unha pintada antifranquista “VIVA LA UNIVERSIDAD LIBRE”

Seguiremos loitando pola sua memoria e compromiso que deixa semente de vencer.

Que a terra lle sexa leve.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *