Actualidade

“Entre a memoria e o esquecemento”. Un traballo que presentaremos o vindeiro martes 14 de xaneiro na Casa Museo Casares Quiroga

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña patrocina o acto de presentación do libro de Guiomar Acevedo López titulado “Entre a Memoria e o Esquecemento” (Editorial Laiovento) no que celebraremos unha Mesa que levará por título “Memoria e identidade no exilio político Republicano” e na que intervirán Mario López Rico (traductor do libro), Carlos Méixome Quinteiro (investigador sobre a represión franquista), Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático de historia contemporanea da USC) e Guiomar Acevedo López (autora do libro). O acto terá lugar o martes 14 de xaneiro ás 19.30 horas na biblioteca da Casa Museo Casares Quiroga

Guiomar Acevedo López (Cidade de México, 22 de febreiro de 1984) é unha historiadora, descendente de exiliados republicanos en México, especializada en estudos de memoria e identidade en contextos de desprazamento forzado e exilio político.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *