20 aniversario da CRMH da CoruñaActualidade

Este vindeiro mércores celebraremos a terceira das xornadas polo 20 aniversario da CRMH, nesta ocasión adicada aos lugares da represión franquista na cidade da Coruña

(Na imaxe de portada, un momento da homenaxe a Teresa Alvajar, Republicana de Honra 2009 da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña)

Continuando co ciclo de Xornadas que conmemoran o 20 aniversario do nacemento da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, este vindeiro mércores 27 de novembro, ás 19:00 horas, celebraremos a última xornada programada, que estará adicada ao lugares da memoria da represión na cidade da Coruña.

Esta xornada contará con dúas palestras. A primeira delas a impartirá o Investigador Rubém Centeno que abordará nova conclusións e datos sobre o seu traballo titulado “A cidade sepultada; a difusom do terror e as fosas franquistas de Santo Amaro” e da que nos dera un avanzo nun acto celebrado recentemente xunto coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Un sorprendente traballo de recopilación documental ao redor das fosas de Santo Amaro que demostran as claras a existencia de enterramentos clandestinos de 272 persoas.

A segunda das palestras estará dedicada á memoria viva da represión na Coruña. Lugares como o de Santo Amaro ou sucesos que marcaron a memoria da barbarie franquista.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *