Francisco Martínez López “O Quico” (Republicano de Honra 2023)
Francisco Martinez López, “Quico”, a guerrilla pola memoria
Quico, nacido en 1925 nunha familia de labregos en Cabañas Raras de O Bierzo, territorio agrario e mineiro, tomou moi novo conciencia social, eclosionada coa II República, vivindo en primeira persoa a esperanza e a mobilización social. Con só 11 anos, participou en Ponfe rrada na manifestación proletaria do 1º de maio de 1936 e “dende ese intre abracei a causa dos traballadores e non cesei nese compromiso en toda a miña vida de militante”.
0-21 de xullo de 1936 Ponferrada e toda a súa área caeu en mans dos militares sublevados contra a legalidade republicana, anuladas de vez as liberdades democráticas, comezou unha dura e dilatada represión. A resistencia armada fincou na serra da Cabreira por obra de fuxidos aos que, despois da caida da Asturias leal a finais de 1937, se sumaron combatentes republicanos.
Aos 17 anos Quico comezou traballar na minería, e nese ano 1943 pasou formar parte de organizacións políticas forzosamente clandesti- nas, na propaganda e como apoio aos grupos guerrilleiros, integrados no Congreso de Ferradillo en 1942 na unitaria “Primera Federación de Guerrillas e à espreita dunha intervención dos Aliados contra Franco Después de Hitler, Franco que nunca se produciu. Descuberto o seu labor de enlace, en setembro de 1947 Quico debeu fuxir, converterse en guerrilleiro armado nuns intres en que a Federación pasara formar nal Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia, moi activa no occidente da provincia de Leon e surleste de Galiza. Desaparecida traumaticamente a It’ Agrupación en 1949, Quico continuou a combate no grupo guerrilleiro liderado por Manuel Girón Bazán, até que o 2 de maio de 1951 Girön foi asasinado por un infiltrado en Molinaseca (Ponferrada). Con tantas dificultades como sorte e habilidade, en setembro os últimos guerrilleiros do Bierzo saíron cara o exilio
Exiliado en Francia durante 27 anos e militante do Partido Comunista, Quico, residente en Alicante, é o gran referente da loita guerrilleira, unha das voces mais senlleiras da memoria democrática, en 2023 mantendo viva a lembranza da guerrilla en libros, articulos, conferen cias, charlas, colaborando en documentais e películas sobre o comba te antifascista e o movemento guerrilleiro, teimando “en una guerrilla por la memoria para mantener vivo ese pasado que no puede caer en el olvido