Actualidade

Funcionarios depurados en Sada en 1936

Por iniciativa da CRMH da Coruña, e despois de solicitalo en diferentes ocasións, celebramos o pasado venres 30 de maio, sesión do Consello da Memoria Democrática do Concello da Coruña. Nesa sesión deste organo consultivo adoptamos acordos importantes a respecto dos restos do franquismo na cidade da Coruña e da súa impunidade.

Neste sentido, e entre outras cuestións importantes, acordamos a realización dun censo de funcionarios e traballadores municipais depurados no concello da Coruña tras a sublevación de 1936, como paso previo a unha serie de actos de memoria e recoñecemento ás persoas represaliadas por razón das suas ideas e o seu compromiso coa democracia, a xustiza e a liberdade.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña ten como un dos obxectivos centrais para o cumprimento dos seus fins,(e recollido no artigo 4 dos seus estatutos), a investigación para a recuperación, divulgación e coordinación con outras entidades para a recuperación da memoria histórica de Galiza.

E por elo que cordinaremos e colaboraremos xunto ao Instituto Jose Cornide de Estudos Coruñeses a elaboración do citado censo das persoas represaliadas.

A represión franquista tivo moitas facianas. Non se limitou exclusivamente a provocar a morte, o terror, o exilio ou o confinamento carcelario como unicas formas contra todo aquel que consideou inimigo. E a represión económica e laboral foi outra delas.

Así, A Junta Militar de Defensa publicaba un Decreto en setembro de 1936 e ao que seguirían posteriormente outras disposicións represivas de moito máis calado que foron aplicandose en todas as administracións públicas. Así, o artigo terceiro do citado decreto establecía:

“Los funcionarios públicos y los de empresas subvencionadas por el Estado, la provincia o el municipio o concesionarias de servicios públicos, podrán ser corregidos, suspendidos y destituidos de los cargos que desempeñen cuando aconsejen tales medidas sus actuaciones antipatrióticas o contrarias al movimiento nacional”.

Como xa dixemos, esta disposición xunto a outras máis represivas que se irán aprobando a partires de setembro de 1936 serviron para apartar dos postos da administración a un bo número de persoas, non so na cidade da Coruña senón no conxunto da administración.

E por elo que iremos presentando propostas para extender a iniciativa acordada polo Consello Municipal de Memoria Democrática do Concello da Coruña ao resto dos concellos da Comarca.

A DEPURACIÓN “EXPRESS” DE TRABALLADORES NO CONCELLO DE SADA

No concello de Sada podemos documentar a depuración dos seguintes traballadores:

  • Aniceto Pérez Casal (Porteiro interino). Sustituido por Manuel Pérez Varela
  • Eduardo Orozco Wais (Médico). Sustituido por Antonio Posse del Rio
  • Genaro Prego Campos (Oficial 2ª). Sustuido por Aquilina Alonso Couceiro (Oficial 3ª e Maria de Diego Gómez (Oficial 2ª)
  • Jose García Pita (Recadador e Depositario). Sustituido por D. Eduardo Barros Barbeito
  • Eduardo Caramés Gómez. (Garda Municipal). Sustituido por Adrés Calvo Ansede
  • José González Montoto. (Garda do Cemiterio Municipal). Sustituido por Antonio Alonso Andrade.

Chama a atención que as “depuracións” das primeiras 4 persoas se producen con antelación á publicación do primeiro dos decretos para a represión económica e laboral, en concreto do citado Decreto 108.

Incluso, Eduardo Orozco recurre a súa destitución, e citandose, como podemos ver no seguinte documento a aplicación do Decreto 108

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *