20 aniversario da CRMH da Coruña

Homenaxe no ano 2010 ás familias das vítimas no Teatro Rosalía de Castro

Dous días despois da inauguración na avenida de Navarra do Memorial ás vítimas do franquismo, o 21 de decembro de 2010 a CRMH organizou unha homenaxe aos familiares das vítimas da represión franquista no teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Foi presentada por Xurxo Souto e Isabel Risco, e contou coas actuacións musicais de A Quenlla, Xosé Taboada, César Morán e Paco Campos. No recital poético participaron: Manuel Rivas, Blanca Vilela, Henrique Rabuñal, Chelo Suárez Muíños, Dores Tembrás, Xulio López Valcarcel, Xavier Seoane, Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Manuel Lorenzo, Asunción Arias Arias, Diana Varela Puñal e Olga Patiño.

Foi  moi emotiva a lectura por parte de Sara Blanco Rivadulla dun poema escrito polo seu tío, Federico Rivadulla Rivero (de 17 anos)  pouco antes do seu fusilamento. Geli Montes leu un poema escrito polo fusilado Manuel Montes Don. Rematou esta homenaxe cunha intervención de María Xosé Bravo, concelleira de Cultura.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *