Hoxe celebramos a primeira Xornada con motivo do noso 20 aniversario adicada aos restos do franquismo na cidade da Coruña
Na tarde noite de hoxe, inauguramos a primeira das 3 xornadas previstas organizadas co fin de conmemorar o 20 aniversario do nacemento da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, adicada á simboloxía franquista na cidade da Coruña.
Nesta xornada inaugural participaron por esta orde, Manuel Monge (Sociólogo e vítima do franquismo), Ana Romero (historiadora) e Gonzalo Castro (Concelleiro de Cultura e Memoria Histórica).
O vindeiro mércores continuaremos coa seguinte xornada adicada nesta ocasión aos espolios do franquismo na comarca da Coruña (Pazo de Meirás e Casa Cornide). Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón: https://memoriadacoruna.gal/xornadas-20aniversario/
Deixamos a continuación algunhas imaxe da xornada de hoxe:
Pingback: Video da Xornada sobre "Restos do franquismo na cidade da Coruña" - Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña