Actualidade

Importante repercusión dos actos celebrados onte con motivo da homenaxe ao Republicano de Honra 2026

Os actos de homenaxe ás vítimas da represión franquista que celebramos ao redor do día da República, comezaban na mañá de onte as 10 da mañá cunha recepción institucional na Deputación Provincial da Coruña a Miguel Angel Gómez Alvarez, “Gus”, nomeado pola CRMH da Coruña como Republicano de Honra 2026.

Neste acto participaron a Deputada de Dereitos Civís, Soledad Agra, o Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Carlos Babío, o Presidente da Deputación, Valentín González Formoso e o propio homenaxeado, Miguel Angel Gómez, “Gus”.

Xa pola tarde, celebramos o acto de homenaxe ás presas e presos políticos do franquismo, que contou con duas partes diferenciadas. En primeiro lugar, unha palestra que contou coa participación de presos políticos do cárcere de Segovia que protagonizaron unha fuga mítica xa dese penal do que este ano cúmprense 50 anos.

En concreto participaron Josu Ibargutxi, preso político do franquismo entre os anos 1968 e 1977, Enrique Gesalaga Larreta, condenado a 50 anos de prisión no primerio xuizo de Burgos (tanto Josu como Enrique conseguiron fugarse do cárcere de Segovia en 1976) e o propio Miguel Angel Gómez “Gus”, preso tamén en Segovia que colaborou cos preparativos da fuga.

Tras esta palestra, houbo unha segunda na que participaron presas e presos políticos que sufriron a brutal represión franquista tanto nas comarcas da Coruña como Ferrolterra. En concreto contaron as suas esperiencias na militancia politica na clandestinidade e o seu paso polo cárcere da Coruña, Celsa Díaz Cabanela, Marisol García Juárez, Manuel Villares Creo, Sari Alabau e Marga Vázquez Veras.

O acto foi moi emotivo e conducido pola xornalista de Radio Coruña Consuelo Bautista á que agradecemos a súa colaboración desinteresada e a súa empatía e profesionalidade.

Durante toda a xornada de onte, recibimos peticións e cobertura informativa de diferentes medios de comunicación locais, coamrcais e incluso do ambito estatal aos que queremos agradecer publicamente o seu traballo informativo.

De seguir deixamos unha escolma de diferentes medios e plataformas, sobre a cobertura dos actos do día de onte.

A Deputación recibe ao Republicano de Honra 2026, Miguel Ángel Gómez “Gus”

Miguel Ángel Gómez, Gus, Republicano de Honra 2026: “La tortura no solo duele: te destruye como persona”

La Deputación da Coruña homenajea a Miguel Ángel Gómez ‘Gus”, republicano de honor 2026

Miguel Ángel Gómez ‘Gus’, recoñecido como Republicano de Honra 2026 na Coruña

A Deputación da Coruña recibe ao Republicano de Honra 2026, Miguel Ángel Gómez “Gus”

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *