Inscripción pincho de nadal da CRMH da Coruña
O xoves 11 de decembro ás 20:00 horas celebraremos un pincho de nadal organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. É necesario anotarse previamente e abonar no propio local onde organizaremos o evento 15 euros (todo elo co fin de poder organizar acaidamente o evento).
PEZA TEATRAL “UN NADAL COS FRANCO”
Desde a CRMH da Coruña pensamos en organizar un dia de divertimento, polo que previamente ao pincho ás 19:30 horas, Isa Risco e Fernando Morán, interpretaran unha peza teatral que levará o título “Un nadal cos Franco”. A asistencia a este acto é de balde ata completar o aforo.
Ambas actividades terán lugar no Circo de Artesáns da Coruña (Rúa Santo André 36).
Para anotarse ao pincho de nadal podes facelo chamando aos teléfonos 615204278 ou 609940119. Tamén podes facelo escribindo no enderezo info@memoriadacoruna.gal ou enchendo cos teus datos o seguinte formulario:

