Isaac Díaz Pardo (Republicano de Honra 2011)
Isaac Díaz Pardo é unha das persoas máis emblemáticas e xenerosas da cultura galega. Naceu en Santiago en 1920. No taller do seu pai, Camilo Diaz Baliño (escenógrafo, pintor e membro das Irmandades da Fala). coñeceu a persoas de relevancia como Castelao, Ramón Cabanillas. Otero Pedrayo ou Antón Villar Ponte. Cando tiña 16 anos o seu pai é fusilado polos fascistas; tivo que fuxir e agacharse na casa do seu tío Indalecio na Coruña. Este tráxico episodio -que marcaría de xeito decisivo a súa vida e deixaria unha forte pegada na súa obra plástica-truncou as súas esperanzas de realizar os estudos de arquitectura.
Despois do triunfo do levantamento militar e fascista de 1936 matriculouse na Academia de Belas Artes de San Fernando, realizando posteriormente exitosas exposicións en Vigo, Madrid, Barcelona e Londres. Cando en 1948 decide abandonar o traballo como pintor e comezar a sua etapa de ceramista, crea a xa mitica planta industrial no Castro de Samoedo, converténdose no máis importante embaixador estético de Galiza no mundo.
Trasladase en en 1955 a Buenos Aires onde desenvolve unha intensa actividade cultural escribe poemas, artigos. ensaios e mesmo algún texto dramático. En Arxentina. xunto con Luis Seoane e algúns destacados galeguistas, soñou e fixo realidade o Laboratorio de Formas, precursor doutras industrias culturais como a restauración das Cerámicas Sargadelos, o Museo Carlos Maside, o Seminario de Estudos Galegos, o laboratorio de Industria e Comunicación, así como Edicións do Castro, unha editorial que contribuiu de xeito determinante o coñecemetno da historia recente de Galiza, nuns momnentos en que todo era silencio ou manipulación.
Isaac Díaz Pardo recibiu numerosas distincións: Pedrón de Ouro (1976), Medalla de Ouro e Fillo Predilecto de Santiago de Compostela. Premio Otero Pedrayo (1990), Dector Honoris Causa pola USC, Vieira de Prata do Padreado da Cultura Galega de Montevideo (1995) Premio Jiménez de Asúa de Derechos y Libertades (1999). Premio Ramón Piñeiro de Láncara (2002), Premio das Letras e das Artes de Galicia (2003). Na actualidade, a fiel o seu compromiso antifascista e republicano, e Presidente de Honra da Fundación contra a Impunidade dos Crimes Franquistas.