Republicanas de Honra

Jesús Castro Vidal (Republicano de Honra 2024)

Jesús Castro Vidal naceu no barrio sadense de Riovao o 14 de xullo de 1927, foi o irmán máis novo das cinco crianzas coidadas pola súa nai mentres o pai traballaba na emigración en Estados Unidos. Aos catro anos empezou na escola da Recha naTenencia, e aos 6 anos na escola laica “Sada y sus Contonos”, recentemente construída con fondos aportados por unha sociedade de emigrantes creada en NovaYork con ese mesmo nome e da que o seu pai era directivo.

Asistiu como escolante á inauguración do porto de Sada e tamén ten lembranzas de infancia sobre a morte de José Monzo, do asesinato de XoanAntón Suárez Picallo e doutros represaliados polo franquismo. Os seus comezos laborais de rapaz foron co Ferreiro da Chaburra e máis tarde na compañía de tranvías da Coruña.

Na súa xuventude compaxinaba o traballo co divertimento, xogando ao fútbol no “Rayo”, nos bailes do Moderno e daTerraza, e os veráns na praia e participando
en actividades propias da idade. Xunto con outros amigos e amigas, representou a danza dos arcos, un baile típico dos pobos mariñeiros que sería bo recuperar.

Tamén foi testemuña directa do naufraxio dun barco con xente procedente de Pontedeume que viña ás festas de Sada o 18 de agosto de 1940. O vapor“Ale-
gre” foi contra as pedras da Pulgueira en plena procesión marítima e moitos mariñeiros sadenses rescataron os náufragos, agás tres que morreron. Nos xardíns do paseo marítimo hai unha áncora cunha inscrición conmemorativa e tamén unha rúa de Sada, no barrio de Posse, leva o nome de “Heroes do vapor Alegre”
na súa memoria.


No ano 1953 Jesús emigrou a Uruguai. Foi ataVigo en tren e dende alí embarcou no transatlántico italiano “Castel felice” da SITMAR (Società Italiana Transporti Marittima). No ano 1955 casou por poderes con Manola Babío, coa que tivo dúas fillas e o 13 de xuño de 1963 volveu para Sada e comezou unha nova vida na terra que o veu nacer, traballando primeiro cun camión pegaso , tamén estivo embarcado, traballou de fontaneiro e finalmente, xunto con Juan Arévalo e Juan de Mallou, compraron un barco areeiro para a extracción de área na desembocadura do río Eume en Pontedeume, traballo que compaxinaba con outros no sector do frío industrial. A pesar da intensa vida laboral, Jesús sempre buscou tempo para colaborar na dinamización social e cultural de Sada. Foi membro da directiva de “La Sociedad”, participou nas primeiras eleccións democráticas municipais nunha candidatura independente e dende aquela nas candidaturas do partido socialista. No ano 2003 prodúcese un cambio de goberno histórico, accedendo á alcaldía o BNG pero en febreiro de 2004 unha moción de censura do partido popular cun tránsfuga do partido socialista, arrebatoulle o goberno de Sada.

Jesús foi un dos promotores do movemento veciñal “Plataforma pola democracia en Sada” que protestou fortemente por aqueles feitos e participou na volta do BNG á alcaldía formando parte daquela lista que gañou as eleccións do ano 2007.

O monumento aos sadenses represaliados polaDitadura colocado no paseo marítimo no ano 2007, foi promovido porJesús e dende aquela participa puntualmente en todos os actos conmemorativos que alí se celebran e tamén na homenaxe anual a Ramón Suárez Picallo no cemiterio do Fiunchedo, organizada pola Asociación Irmáns Suárez Picallo da que é socio fundador.

O seu compromiso cos valores republicanos e traxectoria humana de Jesús, son merecentes da homenaxe que organiza no seu 96 aniversario a CRMH nomeándoo
republicano de honra 2024

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *