José Miñones Bernárdez (Republicano de Honra 2018)
José Miñones Bernárdez, máis coñecido como Pepe Miñones (Corcubión, 01/05/1900 – A Coruña, 02/12/1936), foi un avogado, empresario e político republicano galego. Membro do Partido Radical primeiro, e seguidor de Martínez Barrio, pasou con el a Unión Republicana, pola que foi escollido como deputado nas eleccións xerais de 1936, nas candidaturas da Fronte Popular, pola mesma circunscripción. Nas Cortes defendeu a amplicación da liña ferroviaria a Galicia. En xullo de 1936 foi apresado polos golpistas na Coruña, encadeado, condeado a morte e ao pago dunha multa dun millón de pesetas. Ademáis,desapareceron todas as súas empresas, unha das cais, Electra Popular Coruñesa, fusionouse coa Fábrica de Gas y Electricidad de Pedro Barrié de la Maza, dando lugar posteriormente a Fenosa..
Foi fusilado no Campo da Rata coruñés, o 2 de decembro de 1936.
«Pido que perdonéis a todos, y que siempre creáis que los delitos que me han imputado no fueron verdad, y que muero inocente. 31-10-1936». Pepe Miñones (fragmento dun escrito titulado, «Recuerdos de última hora»).
“…porque Miñones esa un galego de nación e de vocación. Suas artes d’home d’empresa non se sumarían endexamais a aquiles modos de filibusterismo industrial a bancario que outros aoutaban para trocar a sua propia terra en campo esperimental de calotes e usuras ou en formas soutrnas de colonización…”. Eduardo Blanco Amor, quecoñeceu a Pepe Miñones en 1933, e, seis anos despois do asasinato de Miñones, escribe un traballo especial que titulou “Un home de Corcubión, que eu conocín…”
A Distinción de REPUBLICANO DE HONRA 2018 entregouse na celebración da xa tradicional CEA DA REPÚBLICA 2018 á filla de Pepe Miñones, Pilar Miñones.