Máis de 100 entidades piden aos grupos parlamentares medidas urxentes para por fin a 50 anos de impunidade
Máis dun cento de organizacións memorialistas, de dereitos humanos e sindicais de todo o Estado, presentaron hoxe no Congreso dos Deputados o manifesto “50 anos de impunidade. Nin un máis“, impulsado pola Coordinadora Estatal de Apoio á Querela Arxentina (CEAQUA), da que fai parte a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, esixindo medidas lexislativas urxentes para por fin á impunidade dos crimes cometidos durante a ditadura franquista.
As organizacións asinantes denuncian que após 50 anos da morte de Franco, manteñense ainda impunes os crimes contra a humanidade cometidos durante máis de 40 anos de ditadura.
Nin os diferentes gobernos nin o poder lexislativo nin o xudicial, adoptaron medidas efectivas para garantir a verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición para as vítimas do franquismo.
CEAQUA lembra que ate hoxe, presentáronse máis de 115 querelas en distintos xulgados do Estado español solicitando a investigación dos crimes de lesa humanidade cometidos durante o réxime franquista. Con todo, estas iniciativas foron sistematicamente desestimadas polos tribunais, que continúan escudándose na Lei de Amnistía, na perscripción dos delitos e no principio de legalidade, negando así o acceso efectivo á xustiza.
O pasado mes de xullo, o Comité de Dereitos Humanos de Nacións Unidas, expresou a súa preocupación pola falta de avances nestes procedementos e reiterou ao Estado español a “necesidade de adoptar medidas lexislativas e de outra ´indole que garantan que nin a amnistía nin a prescripción se aplique ás graves violacións de dereitos humanos acontecidas durante a guerra civil e a ditadura franquista“.
A pesares destes pronunciamentos internacionais, nin o Goberno nin o Congreso promoveron reformas legais que permitan superar o actual marco de impunidade. Ademáis, o Tribunal Constitucional estableceu recentemente que a vixente Lei de Memoria Democrática non habilita aos xuices para investigar estes crimes.
Neste contexto, CEAQUA e as organizacións asinantes do manifesto fan un chamado urxente aos grupos parlamentares para que impulsen as reformas lexislativas necesarias para garantir o cumprimento das obrigas internacionais en materia de dereitos humanos e poñan fin a cinco décadas de silenzo e impunidade.
Finalmente, aos cincoenta anos da morte do ditador, lembramos e seguimos adenunciar os asasinatos polo réxime fascista de Franco de Xosé Ramón – Moncho – >Reboiras, de Angel Otaegi, de Juan Paredes -Txiki-, de Ramón García, de Xosé Humberto Baena e de José Luis Sánchez Bravo. Após de cinco décadas, a impunidade persiste mentras as vítimas siguen pedindo xustiza.
O Estado españos sigue sen recoñecer o dereito á verdade, á xustiza e a reparación para miles de vítimas do franquismo. Por iso, desde CEAQUA seguiremos a esixir xustiza. Porque 50 anos de impunidade son 50 anos de vergonza. E non toleramos nin un máis.

