Marco Antonio Santos Soto (Republicano de Honra 2020)
En Agosto de 2018, pouco despois do anuncio do Goberno do PSOE da súa intención de levar a cabo a exhumación do ditador Franco, as redes sociais tremeron coa noticia dunha “Declaración de militares en defensa del general Francisco Franco” que fora asinado por uns 160 altos oficiais militares (xenerales, almirantes e xefes na súa maioría) do Estado español, case todos retirados. Publicáronna na páxina web dunha asociación de militares de carácter franquista, e foi replicado por periódicos de dereitas como ABC ou La Razón xa ao día seguinte. O texto ensalza a figura de Franco como militar e como “salvador da patria”, facendo un relato histórico falso e maniqueo no que él “asumió la responsabilidad que le entregaron sus compañeros de Armas para ejercer el Mando único de la España agredida y asediada por el comunismo”, defende a sangrienta represión franquista posterior xustificándoa polo contexto histórico e a falacia da “necesidade” ante un inimigo máis violento (“De los años posteriores a la contienda, se cuentan ahora sucesos que sacuden la sensibilidad de los más fuertes. Incluso aquellos que puedan atribuirse a hechos reales, se les matiza con episodios faltos de autenticidad y se esquiva la situación del momento en que acaecieron, con el fin de criminalizar cualquier actitud por justa que fuera.”) e contén disparates como que os seus “servicios a la Patria hacen que se le deba la gratitud correspondiente a la vez que son motivo de respeto”. A gravidade do asunto pasou de puntillas polos medios de comunicación, fronte ao horror e a preocupación expresadas pola maioría demócrata deste país en todo tipo de medios alternativos; pois todo o escrito era escandaloso para a historia obxectiva, a ética humana e para os militares de espíritu demócrata, que non tardaron en reaccionar.
Ante isto, e nese mesmo mes, outro grupo de militares de rango (e tamén soldados, guardias civís e viúvas de militares), demócratas, non quixeron quedar en silencio, e publicaron o “Manifiesto en contra del Franquismo en las Fuerzas Armadas” (público e dispoñible na ligazón https:// contraelfranquismoenlasfuerzasarmadas.blogspot.com/). Cada un deses militares aportou un pequeno texto coa súa sinatura explicando por qué a figura do ditador fascista Francisco Franco “no merece respeto ni desagravio alguno” na España democrática do presente, menos aínda por parte daqueles que xuraran defender a Constitución española de 1978, senón “nuestra repulsa más absoluta por haber encabezado un golpe de estado sangriento y genocida contra la legal y legítima II República Española, la feroz guerra civil posterior, y una dictadura opresiva e inclemente durante casi cuarenta años“.
As aportacións dos asinantes engaden os seus motivos de indignación como compañeiros militares, a definición sen vacilar de Franco como golpista, e fascista e a defensa dos valores constitucionais da Democracia.
Un deses militares, que todavía estaba en activo, foi o Cabo Marco Antonio Santos, natural de Redondela e actual presidente do Colectivo Republicano desa cidade. As consecuencias non tardaron en chegar: o Exército de Terra sancionou a Santos con tres faltas disciplinarias graves (pola suscrición ao Manifesto anti-franquista, por atreverse a asinar cun “Salud y República” e por conceder unha entrevista a eldiario.es o mesmo Agosto de 2018 ratificando a súa actuación), pola vulnerción do artigo 7 do Réxime Disciplinario das Forzas Armadas que impide a manifestación pública de “expresiones contrarias, realizar actos irrespetuosos o adoptar una actitud de menosprecio hacia la Constitución, la Corona y los demás órganos” e non permite “efectuar con publicidad y manifestaciones o expresar opiniones que supongan infracción del deber de neutralidad política“. E é aquí onde aparece o doble raseiro, pois os asinantes en activo do manifesto en defensa de Franco todavía non foron sancionados, e os seus expedientes continúan aínda hoxe “en trámite”.
Finalmente, e tras case ano e medio de calvario xudicial, no que chegouse incluso a investigar as súas redes sociais (nas que non expresaba a súa condición de militar, senón que opinaba puramente como cidadán civil), o pasado Novembro de 2019 Marco Antonio Santos foi expulsado das Forzas Armadas do Estado Español. Expulsado por apoiar os valores democráticos da Constitución española, e por denunciar o enquistamento da ideoloxía franquista nunha institución que debería defender eses valores servindo e amparando ao pobo español en democracia.
Por todo isto, e tamén polo seu ideario abertamente republicano, o Cabo Santos é un exemplo da defensa dos valores democráticos e republicanos, da lealdade á Constitución e á Democracia do noso país fronte á “anti-España” dun pasado fascista que non damos deixado atrás, e da coherencia coas súas ideas como militar ata as derradeiras consecuencias.
Aurora Paz Viruet
Escrito-informe para os actos en A Coruña. Valores democráticos e republicanos 2020
Comunicoume o Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña que nos actos de exaltación dos valores democráticos e republicanos que celebrará a Comisión este ano 2020 homenaxearase ao Cabo do Exército de Terra Marco Antonio Santos Soto.
Pídeme, e accedo moi gostoso, este pequeno informe:
Sinalo aquí algún dos datos biográficos e profesionais do Cabo Santos:
*****
Naceu o ano 1975 en Redondela, Galicia.
Aos 8 años estudaba e traballaba no bar dos seus pais. Fixo o servizo militar en León, ascendendo a Cabo.
Ao cumplir o servizo traballou en hostalería e nunha fábrica de camisas, onde empezou no almacén e rematou sendo xefe de corte. En 1999 pechou a fábrica e decidiu alistarse no Exército de Terra.
Recén chegado á Brigada Lixeira Aerotransportada, no ano 1999, envíanno a Kosovo, onde permanece catro meses.
No ano 2001 volve a Kosovo. A súa misión dura outros seis meses.
O Exército pretende envialo a Irak, incumplindo o tempo reglamentario en territorio nacional entre misións no estranxeiro.
Por cuestións ideolóxicas toma a decisión persoal de non ir a Irak, e recorre o seu envío alí, alegando non terse cumplido o seu tempo mínimo de permanenza en España entre misións.
Aí empeza o calvario militar do Cabo Santos.
O Exército non soporta que dende abaixo se reclame o cumplimento dos seus propios reglamentos. Pide destino en Pozuelo, Madrid na Agrupación sanitaria Nº1.
Obtén pola súa conta o título civil de Técnico en Emerxencias Sanitarias, o de Animador Sociocultural, e o de Aplicador DDD (Desratización, desinsección, e desinfección).
No Exército, en Calatayud, cambia a súa especialidade e se converte nun dos primeiros Especialistas do Exército de Terra en Apoio Sanitario.
****
O Cabo Santos asinou o mes de agosto de 2018 o Manifiesto en contra del Franquismo en las Fuerzas Armadas. Foi un dos poucos militares e gardas civís en activo que o fixo.
As ideas defendidas no Manifiesto son:
- – Amosamos o noso rexeitamento total, sen ambigüedade algunha á Declaración de militares franquistas en defensa do Xeneral Francisco Franco, publicada na seguinte ligazón: https:// ame1.org.es/6750-2/
- Manifestamos que:
- – O Xeneral Franco non merece respeto nin desagravio algún, senón a nosa repulsa máis absoluta por ter encabezado un golpe de Estado sangriento e xenocida contra a legal e – lexítima II
República Española, a feroz guerra civil posterior, e unha ditadura opresiva e inclemente durante case corenta anos.
•
- – Os militares españois somos funcionarios servidores do Estado, temos a nosa conciencia individual libre como calquer cidadán, pero non temos dereito algún a presionar como colectivo ao Estado democrático.
- – Non somos portadores dunha Moral superior, nin sostemos ningunha sagrada herdanza histórica. Nos debemos simplemente á soberanía nacional que reside no pobo español.
A contribución escrita e persoal do Cabo Marco Antonio Santos ao Manifiesto foi ésta:
“Los militares profesionales de tropa, los que estamos bregando día a día, con sudor, lágrimas, frío, lo hacemos por nuestro país. No cabe duda que los que apoyan el escrito a favor del dictador genocida son los que han hecho de las Fuerzas Armadas su jardín particular desde el 36. No estoy dispuesto a que ese manifiesto quede impune pues ataca directamente a esa Constitución con la que tanto se llenan la boca. Las Fuerzas Armadas, para servir esa Constitución, deben ser totalmente democráticas y como miembro activo repudio cualquier homenaje al asesino. Salud y República.”
O Cabo Marco Antonio Santos explicou así, no seu idioma natal, porqué asinou o Manifiesto: “Asinei, por suposto que asinei, asinei en nome dos que teñen medo, asinei no nome dos que cremos
que non se pode louvar a un xenocida, asinei na memoria dos que non teñen memoria porque lla
roubaron asasinándoos vilmente nas cunetas, nos muros e valados dos cemiterios. Asinei en nome dos que están soterrados na fosa común dos Eidos, veciños nosos asasinados pola bestia fascista. Asinei polas nenas e nenos roubados, crime de lesa humanidade que non deberá prescribir xamais, polos que non teñen lápida, nin cremación nin sitio para ser honrados polos seus seres queridos, asinei pola miña aboa Mariña, a miña nai e tias que lles lavaban as roupas aos presos de San Simón, asinei polos nosos fillos…asinei porque, SON DE REDONDELA, e como tal a min non me cala a voz NINGUÉN. “
¿Por qué castigouse ao Cabo Santos?
Xulguen vostedes, pero está claro que as autoridades do Exército que o fixeron, non puideron soportar que un Cabo, fillo do pobo, dé leccións a militares e ex-militares, de moito maior rango que él, de cómo se da a cara na defensa da Constitución e dunhas Forzas Armadas democráticas, respetuosas coa soberanía do pobo.
Arturo Maira Rodríguez
Capitán de Navío de la Armada (retirado).
Portavoz del Manifiesto en contra del franquismo en las Fuerzas Armadas