Iniciativas sociais e políticas sobre memoria

Mecanismos da ONU advirten a España da falta de investigación xudicial sobre os crimes do franquismo

Tras unha comunicación presentada por Irídia e CEAQUA, catro relatores especiais da ONU afirmaron que España está a incumprir as súas obrigas internacionais en materia de dereitos humanos debido á desestimación xeneralizada de demandas por crimes cometidos durante o réxime de Franco.

Nunha comunicación oficial enviada o 18 de febreiro de 2026 ao Goberno de España, varios mandatarios das Nacións Unidas —desde o Relator Especial para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, o Grupo de Traballo sobre Desaparicións Forzadas ou Involuntarias, o Relator Especial sobre execucións extraxudiciais, sumarias ou arbitrarias e o Relator Especial sobre tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes— expresan a súa grave preocupación pola falta de investigación xudicial en 18 casos presentados ante os tribunais españois en virtude da nova Lei da Memoria Democrática por crimes cometidos durante a ditadura franquista e a transición.

Os Relatores consideran que se está a obstruír o acceso das vítimas a un recurso efectivo.
Neste sentido, a declaración é inequívoca:

«Neste sentido, reiteramos que mentres o Estado español non inicie investigacións sobre os crimes de lesa humanidade e as graves violacións dos dereitos humanos cometidas durante o réxime de Franco, estará a incumprir as súas obrigas internacionais en materia de dereitos humanos».

O documento destaca a persistencia de obstáculos como a aplicación da Lei de Amnistía de 1977, a prescrición e unha interpretación restritiva do principio de legalidade no dereito penal, a pesar da entrada en vigor en 2022 da nova Lei da Memoria Democrática. Así, os expertos sinalan:

“Neste sentido, lembramos que mentres o Estado español non inicie investigacións sobre os crimes contra a humanidade e as graves violacións dos dereitos humanos cometidas durante o réxime de Franco, estaría a incumprir as súas obrigas internacionais en materia de dereitos humanos”.

O documento destaca a persistencia de obstáculos como a aplicación da Lei de Amnistía de 1977, a prescrición e unha interpretación restritiva do principio de legalidade no dereito penal, a pesar da entrada en vigor en 2022 da nova Lei da Memoria Democrática. Así, os expertos sinalan:

“Por su parte, recordamos que, si bien es importante asegurar que la justicia opere con respeto al
principio de legalidad penal, el derecho internacional no permite la aplicación de plazos de
prescripción o causales de extinción de la acción penal, tales como las amnistías, a los crímenes
de lesa humanidad y las graves violaciones de los derechos humanos”
.

Tamén recordaron que a falta de investigación e castigo axeitado das graves violacións dos dereitos humanos, e o incumprimento destas obrigas por parte das institucións pertinentes, incluídas as xudiciais, poderían comprometer a responsabilidade do Estado español no seu conxunto.

Esta declaración prodúcese despois de que as organizacións de dereitos humanos Irídia e CEAQUA presentasen o pasado decembro unha comunicación conxunta ao Relator Especial da ONU sobre a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, na que denunciaban a responsabilidade internacional de España pola falta de investigacións xudiciais efectivas sobre os crimes de lesa humanidade cometidos pola ditadura franquista. A comunicación incluía 18 casos denunciados tras a entrada en vigor da Lei 20/2022 da Memoria Democrática: 17 demandas presentadas en xulgados e tribunais españois e unha denuncia presentada ante a Sección Especializada de Dereitos Humanos e Memoria Democrática da Fiscalía Provincial de Barcelona.

A comunicación insta o Goberno español a proporcionar información detallada sobre as
denuncias mencionadas e a xustificar como as decisións xudiciais de sobresemento dos casos cumpren cos normas internacionais. Tamén insta o Goberno a adoptar medidas que garantan
investigacións eficaces, independentes e exhaustivas, co fin de cumprir as súas obrigas nacionais e
internacionais e ofrecer unha reparación axeitada ás vítimas.

Na súa resposta, o Estado confirma que os tribunais desestiman estes casos aplicando a doutrina constitucional sobre a prescrición, a Lei de Amnistía e os principios de legalidade e irretroactividade do dereito penal. Recoñece, así mesmo, que carece de datos detallados sobre as cuestións suscitadas e non xustifica o cumprimento do dereito internacional, limitándose a destacar o papel do Ministerio Fiscal na súa intervención xudicial contra os sobresementos.

Irídia e CEAQUA celebran esta declaración, que envía unha mensaxe clara ás institucións españolas. Por unha banda, critica o poder xudicial por obstruír o acceso á xustiza ás vítimas de graves violacións dos dereitos humanos e ínstao a incorporar estándares internacionais nas súas sentenzas. Por outra banda, lémbralle ao goberno español que a falta de investigación sobre estes casos implica a súa responsabilidade internacional.

As entidades entre as está a Comisión Pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, esixen que o Goberno implemente as solicitudes dos Relatores Especiais coa máxima celeridade e, concretamente, que:

  • A comunicación sexa remitida aos órganos xudiciais e a súa entrega sexa confirmada publicamente.
  • A comunicación sexa remitida á Fiscalía da Memoria Histórica e se redacte unha circular interna para que, no marco das súas investigacións previas ao xuízo, se leve a cabo unha investigación exhaustiva, incluíndo a solicitude de todos os arquivos policiais e xudiciais, a identificación dos presuntos autores e as súas declaracións.
  • Se derrogue a Lei de Amnistía de 1977.
  • Se reforme o Código Penal para incluír o principio de legalidade internacional e a imprescriptibilidade do delito de tortura.
  • Se ratifique a Convención sobre a Eliminación de Todas as Formas de Tortura.
  • Se ratifique a Convención sobre a imprescriptibilidade dos crimes de guerra e dos crimes contra a humanidade.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

  • Mandatos o Relator Especial sobre a promoción da Verdade, a Xustiza, a Reparación e as garantías de non repetición; do Grupo de Traballo sobre as Desaparicións Forzadas ou involutarias; do Relator Especial sobre execucións extraxudiciais, sumarias ou arbitrarias e da Relatora Especial sobre a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanas ou degradantes:
  • Contestación do Estado Español
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *