A batalla de Meirás

A loita pola devolución do patrimonio espoliado polo franquismo, foi sempre un obxectivo prioritario da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. E de xeito singular e prioritario, a devolución do Pazo de Meirás. Conseguimos entrar no pazo de Meirás porque estaba pechado ao público. Conseguimos a súa declaración como Ben de Interese Cultural, mais a batalla continúa até conseguir a súa devolución definitiva ao patrimonio público.

E certo que contamos en todo estos procesos co compromiso dalgúns gobernos e forzas politicas de caracter nacionalista e progresistas que protagonizaron nos diferentes ambitos da administración pública, e desde os organos de representación política, recollendo e tramitando as nosas reivindicacións. Máis sen a loita protagonizada polo activismo memorialista nada tería mudado en Meirás.

É por elo que a movilización social organizada desde a CRMH da Coruña, foi desde a creación desta entidade memorialista, unha prioridade. De feito, o tempo demostrou que as claves principais que estiveron detrás da setenza que obrigou en setembro do ano 2020 a devolver ao patrimonio público este ben espoliado polo franquismo, foron a investigación histórica do espolio, a divulgación e coñecemento público deste roubo e a mobilización social permanente.

Estas tres claves, investigación, divulgación e mobilización permanente estiveron protagonizadas polo activismo memorialista. Foron moitos anos de loita, polo que sería moi extenso debullar cada un deles. A continuación resumimos algúns dos acontecementos importantes desta loita, e que alcumamos no seu día, “A Batalla de Meirás“.

A mobilización social permanente

Compre indicar, que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña non comeza a reivindicación social sobre o Pazo de Meirás. Esta estivo sempre na Memoria colectiva da sociedade e manifestouse incluso públicamente pouco despois da morte do ditador Franco en novembro de 1975.

O que si fai a CRMH é recoller esa Memoria colectiva e organizala en diferentes mobilizacións que desde a CRMH da Coruña denominamos como “Marchas Cívicas”, pasando de xuntar pouco máis de 50 persoas na primeira delas, a máis de 1000 nas últimas que se organizaron

A CRMH organizou a 1ª Marcha Cívica a Meirás o 24 de novembro de 2005 e o obxectivo quedaba moi claro: DEVOLUCIÓN. Na 2ª Marcha Cívica celebrada o 18 de novembro de 2007, isto dicía o manifesto que leu o actor Fernando Morán: “A propaganda oficial da ditadura mentiu durante corenta anos, pretendendo facer crer que o pazo de Meirás foi adquirido por subscrición popular e regalado a Franco. A verdade é que foi un auténtico roubo ao pobo. A iniciativa para mercar o pazo partiu das autoridades franquistas e de empresarios, que foron amplamente recompensados.

Por iso Franco declaraba que ´Nuestra Cruzada es la única lucha en que los ricos que fueron a la guerra, salieron más ricos´. Apoiamos as iniciativas do concello de Sada e da consellaría de Cultura da Xunta para que sexa declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Reclamamos a devolución inmediata deste pazo aos seus lexítimos propietarios, é dicir, ao pobo, para que engrose o patrimonio público ao servizo de toda a cidadanía. ¡DEVOLUCIÓN, XA, DO PAZO DE MEIRÁS!”.

Video da 5º Marcha pola Devolución do Pazo de Meirás celebrada no mes de novembro de 2018

Máis de 500 persoas participaron no terceiro acto reivindicativo convocado pola CRMH, que contou coa colaboración de Os Maracos. O acto celebrouse o 8 de agosto de 2008, coincidindo coa voda da bisneta de Franco. Isto dicía a convocatoria:

“Contravoda” no Pazo de Meirás organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña o 8 de agosto de 2008, reivindicativa pola devolución do Pazo de Meirás coa participación do grupo “Os Maracos”.

TEXTO DA CONVOCATORIA DA CONTRAVODA ORGANIZADA POLA CRMH DA CORUÑA O 8 DE AGOSTO DE 2008.

Despois de intensas xestións diante de Lucifer –preguntamos por el no ceo, pero San Pedro dixo que alí non estaba, nin era esperado– conseguimos que o Caudillo Franco disfrute dun permiso penitenciario extraordinario de fin de semana, xa que está condenado a cadea perpetua no inferno. O Generalísimo, vestido coas súas mellores galas, será o padriño e acompañará á noiva –á súa bisneta Leticia Giménez Arnau Martínez Bordiu– na entrada ao pazo de Meirás. Despois de intensas xestións diante de Lucifer –preguntamos por el no ceo, pero San Pedro dixo que alí non estaba, nin era esperado– conseguimos que o Caudillo Franco disfrute dun permiso penitenciario extraordinario de fin de semana, xa que está condenado a cadea perpetua no inferno. O Generalísimo, vestido coas súas mellores galas, será o padriño e acompañará á noiva –á súa bisneta Leticia Giménez Arnau Martínez Bordiu– na entrada ao pazo de Meirás. Serán recibidos por un destacamento da Garda Moura e polas autoridades civís e eclesiásticas. O Caudillo chegará en coche descapotable e fará a súa entrada aos acordes da Marcha Nupcial. Na porta principal do pazo de Meirás haberá instalada unha “Jaima”, con cama incorporada, para uso dos noivos. Posteriormente, haberá baile e un refrixerio para as persoas invitadas e medios de comunicación: empanadas de bonito, carne, bacallau con pasas e berberechos; polbo con cachelos; tortilla. Viños: Alvariño e Ribeiro. Dun xeito festivo, reivindicaremos a devolución ao pobo do pazo de Meirás, sen provocar altercados, nin interferir no desenvolvemento do bodorrio oficial. Con este acto a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña quere deixar moi claro que a familia Franco non é ben recibida e que, despois de disfrutar durante 70 anos dunha propiedade como o pazo de Meirás, que non é súa, deben devolver ao pobo o que é do pobo. Esperamos que sexa o último acto que realiza a familia do Ditador Franco no pazo de Meirás.

En decembro de 2008 a Xunta (PSOE-BNG) declaraba o pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural, – un proceso que se impulsou desde o concello de Sada a instancia do BNG – e, segundo a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, debería abrirse ao público cando menos 4 dias ao mes. Despois de numerosos recursos da familia Franco para burlar o cumprimento da lei e non abrir o pazo ao público, que foron rexeitados polo TSXG e polo Tribunal Supremo, entramos no pazo de Meirás o 25 de marzo de 2011. E continuamos a batalla con escritos ao Valedor do Pobo o 15 de xullo de 2011 e o 8 de setembro de 2011 para que o pazo fose tamén aberto no mes de agosto.

A CRMH entregaba na porta o folleto informativo “A historia xamais contada: o roubo do pazo de Meirás” na primeira visita pública ao pazo, invitando a participar na mobilización para conseguir a devolución do roubado

As mobilizacións sociais convocadas pola Comisión pola Recuperacións continuaron en Meirás. As “Marchas Cívicas” pola Devolución do Pazo continuaron en Meirás convocadas pola CRMH ate o ano 2018, previas á setenza de setembro de 2020 que ordeaba a inscripción do Pazo de Meirás a nome do Estado.

Mais a inaccción do goberno do Estado que deu como bo un fallo da Audiencia Provincial da Coruña diante dun recurso dos Franco, que lles recoñecía a posesión en boa fe do Pazo á familia do ditador – e polo tanto o dereito de ser indemnizados – e posteriormente, unha nova inacción do Estado español diante da intención dos Franco de sacar e levar todos os bens mobles de valor do Pazo, fixo que sairamos á rúa novamente.

En tan só 48 horas a Iniciativa Galega pola Memoria recolleu mais de 3000 sinaturas de apoio a un manifesto que lanzaran os autores do traballo “Meirás, un Pazo, un Caudillo, un espolio”, conseguindo que o Estado, a Xunta, a Deputación e o Concello da Coruña, modificando a súa postura inicial (naquel momento tan só anunciara recurso o concello de Sada).

E nesta ocasión organizados xunto a todo o asociacionismo memorialista – apoiados por boa parte do tecido social e cultural de Galiza – baixo a Plataforma “Defende Meirás” e co apoio e organización da Iniciativa Galega pola Memoria, á que tamén pertence a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Investigando e divulgando desde o activismo memorialístico

Practicamente desde a constitución da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, sabiamos que a reinvindicación permanente – que como xa se comentou, foi chave deste proceso – tiña que acompañarse co esclarecemento da VERDADE do que realmente acontecera en Meirás.

Tristemente, as institucións públicas do estado, lonxe de esclarecer os abusos dunha ditadura que espoliou esta propiedade baixo as amenazas, os abusos e as coaccións, traballaron xusto no sentido contrario, esto é, en tapar e ocultar o que realmente aconteceu entre 1938 (ano que se entrega, o Pazo a Franco) e 1975 (ano no que morre o ditador e comezan os diferentes procesos de transmisión da propiedade á familia de Franco).

Foi desde o ambito do memorialismo onde se investigaron e documentaron todos estos procesos ao redor desta propiedade que se convertiu a final da década dos anos 30 do pasado século, en residencia oficial de verán da Xefatura do estado.

Chegamos así ao ano 2017, sabendo o que nos transmitira a Memoria oral sobre os abusos, mais con pouco coñecemento das artimañas da ditadura para tapar os abusos e as irregularidades. Mais a partir dese ano sae a luz o volume “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio” que documenta e reconstrue en boa medida todos esos procesos, da autoría de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, que recibirán o convite da Fundación do Bloque Nacionalista Galego (Fundación Galiza Sempre) de quen era naquel momento presidente da entidade, Francisco Jorquera.

Compre salientar, que este convite non foi unha cuestión menor, xa que naquel momento non era doado que ningunha editorial apostase por publicar ese traballo – de feito os autores non atopaban editorial – que logo resultaría determinante, primeiro no coñecemento público e na divulgación social, e mais tarde no proceso xudicial.

Reaizaronse centos de actos de presentación do libro e actividades relacionadas coa divulgación dos seus contidos por todo o Pais entre os anos 2017 e 2020. A verdade sobre os procesos dos diferentes abusos acompañaban agora á constante reivindicación que tamén verá como duas administracións públicas van a ser decisivas para propiciar o que se convertirá nun clamor social; que o Estado presente unha demanda para reclamar a titularidade pública do Pazo de Meirás.

A Deputación da Coruña vai constituir en agosto de 2017 a “Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás”, un ente que promovimos desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, e que impulsou neste ente provincial quen era naquel momento vicepresidenta (Goreti Sanmartín). Desde esa “Xunta” vaise traballar nunha proposta concreta para sentar as bases do camiño a trazar para acadar a devolución do ben ao patrimonio público a custe cero. Tamén colaborará decididamente na divulgación e coñecemento do espolio.

Partillar