Memoria oral con Maruxa Seijas

Maruxa Seijas fala no IES Agra do Orzán, na entrevista feita por tres alunas do centro. Con 100 anos, lembra aos seus irmáns, Argimiro e Fernando, anarquistas, da Silva. Argimiro fuxira xa no setembro do 1936, no Sagrado Corazón de Jesús. Loitou na fronte do Norte. Caeu preso, no penal del Dueso (Burgos); xulgado, pena de norte. Indultado.

Á Coruña, xulgado de novo, e segunda pena de morte. Maruxa, con 12 anos, lévalle o cesto coa comida á cadea, todos os días: casqueiros, morte a cotío… Indultado, no cárcere da Coruña, 30 anos, e sae en 1943, con desterro.

Medo a diario: a Falange e a Garda Civil, espertan de noite a familia… Fernando entrégase no 1940, polo edito de Franco, e fai o servizo militar en Lugo.

Fernando Seijas, casado con “Choncha”, coa sublevación militar, agóchase. Tenta fuxir polo Portiño- A Coruña, o 3 de marzo de 1937. Fuga abortada, el fuxe a nado, ata Bens, e á Silva, a súa casa. Agóchase na casa do tío político, na “xabroneira” da cociña. Volta á Silva, 19, á casa de súa nai Elvira e seu pai Eugenio…

Fuga do Portiño, e paseos dos xóvenes. Holando Mosquera, Arturo Meirás,Fernando Pombo, …xa nos primeiros meses despois da sublevación militar.

O seu tío Alejandro Basilio Palacios, panadeiro dos “Canalejo”, paseado o 18 de xullo de 1937, e súa tía María Seijas, na cadea da Coruña.


Falamos de seu marido, o “Queleré”, … e da famosa copla que cantaban no centro deportivo de Silva, … “Maruxa queima os cartos“…. Esquela. Interpretación de Eva e seus fillos, varóns, que falou o seu irmán co cura de Paisaco…

A Guerrilla, Anos1946-47. Cédula anarquista na Silva. Argimiro Seijas Díaz: no 1943 saíra do cárcere, desterrado. Continuou con actividades clandestinas cos guerrilleiros do monte e do chan, e traíaos á casas da Sillva, tamén á de súa nai.


No 1946 fixo parte do Comité Local da CNT, e caeu, ao anoseguinte, con varias deceas de rapaces da Coruña. Foron xulgados no 1948, en Vigo. Despois de ser torturado por “una máquina de escribir, en anacos”, que agochara na casa de Marcelino, os dous, máis o irmán Fernando, remataron na cadea. Argimiro, de novo, ao penal de El Dueso, ata 1962, en que foi xa liberado, aínda que saíra antes por amnistías.

Marcelino, o máis pequeno, e Fernando, sofriron condea no cárcere de Vigo. Saiu Fernando por mediación do policía secreto Fernando Gil, casado na Silva de Abaixo. Marcelino botou algo máis tempo.

Queleré artellaba os días de Antroido: facíase o Moneco,e gardábase na tenda de Julia. Disfrazábase de médico, que “enderezaba chepas” cun serrucho. Os rapaces da Silva ían con el, ao baile, á Meicende… E durmían eses tres días nun palleiro en Vioño. Coas choronas, enterraban o antroido, ata o ano.

Maruxa e Queleré saían de noite, despois de traballar, de once a una, ao cine, ao teatro, con varias outras parellas.


Lembranza de Félix Ramón, o criador de pombas, fillo do Maragato, tamén Félix Ramón, pai, do Ventorrillo. Según Maruxa, foi denunciado polo proprio pai, e matárono cando tentaba fuxir. (Según Antón Patiño Regueira, que vivía nunha casa perto do Agra de Bragua, os falanxistas foron diretos onde se agochaba, nunha horta dun veciño, perto da casa. Aos pais dixéronlles que ó detiñan para unhas dilixencias…Axiña apareceu morto nunha gavia).

…ao cuñado de Pucho Boedo, que era capitán do Exército da República, di Maruxa, matárono ao empezar a guerra… A irmá Carmen nunca máis soubose dela na Coruña.

Eugenio, o pai de Maruxa, traballou cos Boedo, no seu almacén. Tiñan casa na Ramalleira. Mataron ao pai, José, no 1936; mataron ao fillo, José Antonio, no 1937. O irmán, de 16 anos, Manuel, conseguiu fuxir.

E a nai, María, viuva e arruinada, tivo que pedir pola Silva, ás familias que podían axudala. Xa sen súa casa, viviu no medio da Silva, con Pucho, de 8 e 9 anos. Ía pedir á Julia da tenda, a panadaría de Jacinto e Maruxa, a tenda do Antoñito do
Maragato…

Pucho cantaba de marabilla…

Na Coruña falábase galego, na Silva. Na Coruña, na cidade, estaba proibido. A bula da Eigrexa: a BURLA. A ración.
No comedor social de Falange, no antiguo Resplandor en el Abismo, as nenas de Seijas, Maruxa e Viruca, non comían.
Traballou nos Telares. Deixouno cando casou. Voltou traballar aos tres meses de nacer a segunda filla, Viruca, no Muro…

Na escola, Maruxa lembra que cantaba o “Cara al sol” varias veces ao día. Rezaban o rosario, “trequele trequele trequele tré”. Fixeron obrigadas a primeira comunión, ela, con 13 anos, e súa irmán Virita, con 8, se non ás botaban da escola, non relixiosa e de pago, con traxes donados para as nenas probes. Almorzo na casa de súa tía María, xa viuva, con cinco fillos, no calexón de Sta. Lucía, onde vivían.

Qué son os linterneiros?, preguntan as rapazas do IES. Notas que saían do cárcere, e que metía Argimiro nun doble fondo das potas. Os casqueiros (as caixas de mortos) saían todos os días, do cárcere, por “enfermedade”…, non por malleiras

Ao seu tío Alejandro Basilio aplicáronlle a lei de fugas, o”paseo” no descampado da carreteira, despois da Praia do Matadoiro, na Canteira, e xa non chegou ao cárcere da Coruña. Fora panadeiro de pala, dos “Canalejo”. Pepita Canalejo (irmá de Juan Canalejo) tratou de que non marchara do “amparo” deles, pero dixolles que non tinha medo, que él non facía dano a ninguén. …

Enterráronno nunha foxa dos “comunes”. Refírese aos enterramentos no cemiterio municipal pequeno, non relixioso, de Sto. Amaro…

A folga da construcción, na Silva, en toda a Coruña, da segunda metade do 1933; sete meses; tiraban os falanxistas o leite dende o Ventorrillo… (non permitían pasar ás leiteiras de Cances, Bens, Meicende… cara as casas das ”señoritas” da
Coruña). É moi soado, entre a veciñanza do barrio, o feito de derramar o leite dende o alto da avda. de Fisterra, no Ventorrillo, cara a Silva de Abaixo. Naqueles meses mataran a un home, diante da leira da Cerca, na Silva de Abaixo, que ía cara á Coruña, e a quen acusaban de “esquirol”.

A ración: as lentellas, escollidas, comíanse co bicho; o azucre moreno “andaba”; a graxa coa que fretían o peixe era como espelma de vela, ou botábase na sopa; outra vez, aceite negro ; dábanlles ¼ l por persoa; un boliño de pan, as veces de
salvado, por persoa… Por suposto a ración mercábase. Fame, moita fame…


Entrevista á Maruxa Seijas, outubro- 2025

por Milena Astray Martínez e Beatriz Gómez Amigo

Maruxa, a diario, xúntase no banco do portal de seu edificio, coas súas amigas e con quen queira escoitala. Presentámosvos a una muller de 100 anos, con unha memoria prodixiosa, e unha estudante coruñesa-suiza, interesada especialmente no mundo da muller no franquismo.

Maruxa, a do “Queleré”, rompiu moldes; de familia de esquerdas, fortemente represariada, loitou por sobrevivir no mundo da ditadura franquista, mais nembargantes disfrutou súa mocedade e aprendelles aínda hoxe aos xoves que no franquismo “non se vivía mellor”…

Lembra, de súpeto, a MISERIA na guerra, a FAME do 41. A RACIÓN… “A MULLER non tiña a liberdade de hoxe…”

De súpeto, sen lle facer pregunta algunha, Maruxa Seijas lémbralle a Milena, a moza investigadora, cómo lle chamaban á roupa feminina; e, algo que sempre marca a memoria das persoas que sofriron eses anos, a FAME DO 41, a loita pola supervivencia a traves do estraperlo, a ración – as cartillas de racionamento- (vixente do 1939 ao 1952, mercábase nas tendas asignadas).

FAMILIA MOI PERSEGUIDA, Argimiro, … ao hotel “rejas”, detención do pai

A familia Seijas, de esquerdas, sofriu a ditadura franquista. Todas as noites, ao empezar a guerra, a Garda Civil ou a Falange, rexistraban a casa; o terror era a cotío. Grazas á axuda da asociación coruñesa clandestina, El Despertar Marítimo,
Argimiro conseguiu fuxir no setembro do 36…

Cando chegaba Franco á Meirás, en agosto, o irmán que máis anos de cautiverio sofrira, Argimiro, era “hospedado” no “hotel Rejas” (denominao así Maruxa noutras ocasións de charla)

O racionamento

O Estraperlo, a fame

Familia moi perseguida

A muller, nos anos 60-70

Milena interésase polas vivencias de Maruxa, como muller, “sen liberdade, sen divorcio”…

MARUXA lembra as pena de morte de Argimiro. LEVABALLE A COMIDA AO CÁRCERE DA CORUÑA

Maruxa Seijas Díaz soubo de cándo prenderon a seu irmán Argimiro, no campo de concentración Miranda del Ebro (Burgos), ao chegarlle a carta… Caeu a frente Norte, onde el loitaba, no outono de 1937, e foi xulgado en xullo do 1939, a pena de morte…; indultado e conmutado por pena de cárcere, foi enviado
á Coruña; xulgado de novo, caeulle outra pena de morte, tamén conmutada, ata que saiu en 1943. Eses anos, Maruxa lévalle o xantar, todos os días á cadea provincial. Así ve aos CASQUEIROS; e saben na casa dos mortos por torturas…

A vida das mulleres no franquismo

Familia dos Seijas; Argimiro

A época da Escola privada laica

Argimiro, despois do 1943…

Milena pregunta…
E Maruxa lembra de novo a seu irmán Argimiro, axudando “aos do monte”, despois de sair do cárcere da Coruña, no 43. (Creouse unha cédula anarquista en Galiza, e na Silva implicáronse varios rapaces, que remataron xulgados e presos en Vigo no 1947)

A Marcelino, o irmán maior, por denuncia dun veciño, levárono; así como ao irmán Fernando e a Argimiro. E a moitos rapaciños coñecidos do barrio.


Eran os tempos da guerrilla contra o franquismo, tanto no monte, como nas vilas, no “llano” (ou chan), e Argimiro implicouse cuns panfletos e unha máquina de escribir…


Maruxa foi traballar, despois namorouse e casou con Leonardo Santos, o “Queleré”….

Maruxa, de familia moi represariada, falaba…

Memoria do rueiro antiguo da cidade
Lembra cándo seu irmán Fernando estivera agochado na carboneira da cociña do tío político de sua muller, nos anos 1937 a 38…

Ensinanza da nai sobre o matrimonio

Familia perseguida. Lugares da Coruña

Maruxa Seijas diante da voda

A primeira comunión


Maruxa continúa a falar con Milena Astray sobre súa vivencia como estudante, de mociña en colexio de pago, laico, e coa obriga de facer a primeira comunión…con 13 anos.

Maruxa foi moi feliz con queleré, seu marido… Relatanos suas vivencias como muller casada

Maruxa fala sobre os anos de casada, na silva, 19


Morrera Elvira Díaz, e vive o matrimonio Santos – Seijas, coas dúas nenas, na casa do pai, xubilado por enfermedade, nos anos 50 e 60, e que cobraba 610 pts. de pensión…

Queleré gañaba 18 pts. á semana…

A vida, di Maruxa, era barata. Pero había que buscarse a vida… Mercábase na tenda de Antoñito o Maragato, da Silva deAbaixo…


Interésase Milena sobre cómo se vivía no franquismo … E Maruxa exemplifícao no asasinato de seu tío político, A. B. Palacios, e na tortura que sofriu sua tía María Seijas, ambos traballadores da panadaría dos Canalejo. “Paseárono” na canteira ao pé do secadoiro dos Mariño, na estrada que levaría ao cárcere, ao que nunca deu chegado, o 18 de xullo de 1937; non no Campo da Rata, onde a cotío levaban a morrer a moitos outros opositores
á ditadura.

Eugenio Seijas, pai, anticlerical

O seu pai, Eugenio, rompeu a relación con seu íntimo amigo, e veciño, por faltar a palabra que se deran os dous, e confesarse, algo
antes de falecer.

O matrimonio; ensinanzas da nai

Enemizades por confesarse

Traballa 5 anos na fábrica de telares, namora e casa. As mulleres cobraban, se deixaban seu traballo

Maruxa traballa, namora de “Queleré”, e tres anos despois, casan… Festa para 200 persoas, na Gandería, frente ao nº 19 da Silva, onde vivía. Mercaron un cuxo, que trouxeron dende Betanzos… e matouno un carniceiro da Silva.

Franco pagáballe as mulleres 6000 pts., se deixaban o traballo…

Maruxa, o traballo fora da casa,

De modista, xastra, e 40 anos no muro…

De súpeto, Maruxa lembra a seu compañeiro de vida, con emoción, 61 anos despois de ter falecido. Ela empezou traballar de mociña; e despois de ter a segunda filla, marchou ao Muro, no que botou casi 40 anos. Estando traballando no porto, morreu Queleré. A pensión por viudedade e orfandade eran 112 pts. (menos de 1 € hoxe), no ano 1964

E pagábanse 512 pts. por mes pola casa, nos grupos que a Ditadura fixo ao pé do Ventorrillo…(á que conseguíase cunha grande recomendación…)

Maruxa lembra ao cura de sto. Cristóbal, a parroquia a onde pertenecía a silva, e onde casaron

Maruxa lembra a voda, co crego D. Lucas, e o Cristo que ós confesou…

    Familia Seijas; o cárcere da Torre

    Maruxa na fabrica de telares; a voda

    Maruxa presenta a seu noivo á familia

    Cómo recibiron a casa do estado, onde aínda vive…
    Maruxa viviu, casada, con Queleré e seu pai, moi felices. Para conseguir a casa onde vive, tivo que ser por medio dunha recomendación, e pagar 1500 pts. de entrada.

    Adiaron a voda, por morte de súa nai, elvira, con 56 anos
    “ Deixa eso, Queleré”…


    Milena interésase sobre a muller ao casarse, … Maruxa fálalle da ceremonia relixiosa da voda, do rezo diante da imaxe grande do Cristo, …

    As fillas de Maruxa foron á escola relixiosa, ás da Grande Obra de Atocha, no Ventorrillo. Ela non; foi á escola laica, na República e logo no franquismo.

    Maruxa lembra as súas escolas, as duas privadas e laicas. A da Cudixeira, na Silva de Abaixo, a uns pasos da súa casa, de nenas e de nenos… Como súa nai, Elvira, non quería que saísen da escola antes dos 14, ten que facer, obrigada, a primeira
    comunión…

    Voda de Querelé e Maruxa

    Colexio público da Cudixeira

    Milena investiga sobre as relacións prematrimonias Maruxa fala con naturalidade sobre o medo ao embarazo, ás relacións sexuais cos homes…


    Coñece a seu mozo, na pista El Ideal, en Monelos…

    A pista da Ponte da Pasaxe…

    Ela era virxe, e el con moita experiencia…Namorados os dous. Daquela, moitas rapazas con 14 anos xa non “tiñan o virgo”… Ela tiña xa os 21, e seu mozo sete anos máis…

    Ensinanza sexual

    Relacións sexuais antes da voda

    Maruxa e o sentimento de culpa polas relación sexuais… daba máis medo ver a garda civil á cabalo !

    Milena interésase polo sentimento de culpa que impoñía o nacionalcatolicismo. A resposta de Maruxa: dábanlle moito máis medo a garda civil á cabalo, polo medio da Silva, que os curas.

    Despois de viuva, non tivo outro compañeiro…
    Papullaba …?: auga fría!!!

    A viuvez, traballo no Muro e ir á rindanga

    Eugenio, o pai, axudou á familia. anos 50-60

    Relacións sexuais antes da voda. Gandaría

    Relacións sexuais prematrimoniais. Curas, ensino laico

    Maruxa sindicada na UGT

    Nos anos 60 e 70 Maruxa estaba sindicada na UGT, cando traballaba no Muro. Conseguiron no seu tempo o subsidio por enfermedade de longa duración. Elvira, capataza na Fábrica de Tabacos, chaconera, pagou sempre para o edificio sindical das cigarreiras. Durante a República, no baixo fíxose economato…
    Elvira, muller lista, sabía ler e escribir, e axudaba na Silva ás mulleres casadas, viuvas de vivos, a escribir as cartas …

    Comedor de falange para os nenos e as nenas do barrio

    Eugenio, pai, chantaxe da eigrexa: a confesión e os pisos


    Cando estalou a sublevación militar, Falanxe ocupou a casa do pobo, o ateneo anarquista El Resplandor en el Abismo, na Fontenova. Alí organizouse un comedor para os nenos e as nenas probes do barrio.

    A familia Seijas Díaz non foi a el: “estadesme a matar a uns e queredesme manter aos outros!”


    Eugenio, xa viuvo, tivo cinco curas na porta de Silva- 19 para tentar confesalo: “´Vós aínda non chegades ao que eu valgo”.

    Vinte casas para os probes, no mesmo bloque no que hoxe vive, dábaas a Eigrexa. Botou fora ao cura… Ir de leas…

    Maruxa, UGT, dos 60 aos 70, Elvira, chaconera

    Comedor de Falange, Casa para pobres, Eugenio…

    Vivían na Silva- 19, na casa de Agustín Toral. Estraperlo de xabrón, para vender no almacén e tenda do Orzán, de Toral Nieto.

    Un verán dos anos 40, inundouse o Curro e derrumbouse a casa de Nieves, unhas casas abaixo da de Maruxa; nesta tamén entraba a auga polo tellado e saía polo calexón.

    Primeiros caldeiros de plástico…

    Maruxa seijas, no muro,

    Queleré era chaboleiro, a persoa que levaba as caixas dende os barcos ao peirao. Amáis de ter que ir recoller os homes para embarcar.

    Cando naceu Viruca, el estaba no Gran Sol, porque faltara un home e sustituino, senon non podía sair o barco.

    O soldo era bó, e recibía a “pota”, para vender na “rindanga”…

    Casa onde vive, Silva 19. Ultramarinos, estraperlo…

    Traballo no Muelle, chaboleiro, a pota a rindanga

    Partillar