Mulleres, Homes e Homiños

Pouco máis dunha semana de guerra e 11.720 días de loita antifranquista
Unha obra de recopilación de historias de vítimas e vitimarios da represión franquista realizada durante anos polo investigador Luis Sánchez Rodríguez que pon a disposición pública a través da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Se vas a reproducir datos que figuran neste glosario, é obrigatoria a cita.
“Os enfrontamentos en Galicia por mor da Guerra Civil Española comezaron o 19 de xullo de 1936, inicio dos movementos sediciosos nos cuarteis galegos, e remataron coa caída da zona de Tui-Vigo sobre do día 28 dese mesmo mes de xullo; aínda así, a significada loita antigolpista na nosa terra mantívose deica o 29 de agosto de 1968, data na que marchou para o exilio francés Mario Rodríguez Losada, Mario de Langullo, o Pinche, derradeiro guerrilleiro con presencia en Galicia”.
Luis Sánchez Rodríguez
Luís Rebor de Laves
2014/2025
BASE DE DATOS
Os historiais co fondo na cor morado pertencen á xente represaliada ou que prestou servizos a favor do goberno legal da II República.
Os currículos sombreados na cor azul sinalan a militares sediciosos, a adeptos e colaboracionistas do movemento rebelde, a autoridades represoras e, asemade, a membros dos corpos e forzas de seguridade que, ben e certo, só cumprían ordes superiores.
As persoas marcadas co fondo na cor amarela non tiveron participación directa nos feitos vencellados á represión franquista ou non se puido determinar esta conexión.
A base de datos está organizada por orde alfabética. No menú # están aquelas persoas das que se descoñece o seu nome ou apelidos.

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M|N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z|#
Os nomes escritos en vermello dentro de cada ficha corresponden con mulleres ou homes dos que se elaborou o correspondente rexistro bibliográfico neste documento.
Os nomes sinalados en azul en cada ficha correspóndense con mulleres ou homes dos que non se creou o seu currículo:
. por falecer antes dos feitos base deste documento.
. por seren galegos residentes fóra de España.
. por non obterse datos relevantes das súas persoas ou non podelos identificar de xeito concreto.
. por nacemento noutros lugares de España e sen relación directa coa represión en Galicia.
. por tratarse de autoridades estranxeiras.
Certos feitos con transcendencia, as causas militares reflectidas, os nomes de barcos de guerra que participaron na contenda española, os barcos de fuxidos ou de saída cara o exilio, acontecementos significativos…, aparecen remarcados na cor verde.
