Republicanas de Honra

Nicanor Acosta Alonso (Republicano de Honra 2015)

Armado co seu megáfono, foi un dos referentes do movemento 15 M na Coruña e segue participando activamente en calquera causa social.

Nicanor Acosta foi cura da parroquia coruñesa de San Jorge en 1969. Foi detido por enfrontarse á ditadura e ingresou no cárcere de Zamora. Posteriormente comezou a colaborar con organizacións de comercio xusto, fundou o Foro Propolis, participou no Foro da Emigración e na Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica.

Membro activo de Stop Desafiuzamentos. Tamén participou moi activamente nas protestas dos afectados polas preferentes. (Fonte. Radio Coruña)

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *