O BNG organiza este vindeiro sábado día 21 unha homenaxe a Pedro Galán Calvete
O Bloque Nacionalista Galego organizará este vindeiro sábado 21 de setembro ás 12:00 horas no cemiterio de Santo Amaro, unha homenaxe a Pedro Galán Calvete, asesiñado pola barbaríe franquista en 1936. Galán tivo un compromiso politico destacado na defensa da nación galega, desenvolvendo o cargo de Secretario de Organización da Mocedade Galeguista da Coruña adscrita ao Partido Galeguista.
Neste acto, intervirá Narciso de Gabriel, Catedrático de teoría e historia da educación da Universidade da Coruña.
Pedro Galán foi “paseado” tras a sua detencíon o 10 de setembro de 1936 e posterior ingreso na cadea da Coruña e estadía no cuartel da policía no Orzán. O seu corpo apareceu o 16 de setembro nunha gabia da Corveira (Culleredo) xunto cos cadavres de Manuel Andrade Deibe, Joaquín Iglesias Cabana e José Manuel Alvarez.
Desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña animamos a asistir a este acto de merecida lembranza e homenaxe a Pedro Galán Calvete.