O BOE confirmou hoxe o que xa denunciamos onte. O Estado exclue do proceso para a declaración do Pazo de Meirás como lugar de memoria á CRMH como entidade promotora
Mais de 30 entidades reivindicaron hoxe un Pazo de Meirás para o Pobo Galego con menos manipulación, menos fotos, compromisos e máis memoria, díante do acto propagandístico celebrado hoxe no Pazo de Meirás.
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña foi apartada de xeito totalmente irregular, atentando contra os dereitos da nosa asociación no proceso que se inicia hoxe coa publicación no BOE da incoación do procedemento de declaración de Meirás como Lugar de Memoria.
Denunciamos diante da porta do Pazo os incumprimentos do estado respecto da apertura de Meirás, o cambio interesado de relato que exclue á sociedade organizada do relato sobre a recuperación do Pazo de Meirás, e a manipulación de 50 anos de impunidade convertidos polo Estado en “liberdade”.
A declaración dun Lugar de Memoria Democrática está regulado por Lei. O procedemento pódese iniciar de duas maneiras. Ou ben por petición dunha entidade ou asociación memorialista, ou de oficio pola Dirección Xeral competente. Se a solicitude a fai unha asociación de Memoria, a administración pública ten un prazo de 12 meses para incoar o procedemento.
E así o fixo a Comisión pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, que co apoio de otras 29 asociacións e baixo a cordinación da IGM,presentou o 15 de xullo de 2024 formalmente, baixo o seu CIF, petición formal de incoación do procedemento, tendo o Estado un prazo legal de 12 meses. Podes consultar aquí o ducumento de solicitude presentado.
Durante este tempo recibimos unha única comunicación, como se dunha mala broma macabra, xa que a remitían o día 20 de novembro coincidindo co cabodano da morte do xenocida Franco. Pediannos que traduciramos o escrito de solicitude presentado en galego ao castelán.
Quedamos abraiados polo falta de respecto recollido no requerimento, máis desde a CRMH da Coruña atendimos formalmente o escrito de subsanación en forma e tempo, e lles presentamos a traducción requerida

Pasou o tempo, e nada soubemos do expediente. Faltando poucos días para cumprirse os 12 meses de prazo máximo, desde a CRMH da Coruña presentamos escritos diante da Dirección Xeral competente (Dirección Xeral de Promoción da Memoria Democrática) solicitando o cumprimento dos prazos legais establecidos e que incoasen o procedemento a instancias da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, segundo o recollido na Lei. A CRMH da Coruña tamén solicitou diante desta Dirección Xeral información sobre o estado da tramitación do procedemento, e no seu caso, copia da documentación dos actos administrativos ao respecto. Podes ampliar información na seguinte ligazón.
Non houbo resposta. Tampouco notificación da resolución do prazo e a caducidade do procemento solicitado polo que a administración non pode abrir un novo procedemento de oficio. Máis o fixo, e hoxe publica o BOE a incoación do procedemento.
Temos que decir, como xa avanzamos onte, que tal tropelía non nos colleu de sorpresa. Demasiados incumprimentos e palabrs valeiras acumuladas xa a respecto de Meirás pola Secretaria de Estado de Memoria Democrática. Máis que non nos soprenda non significa que non nos preocupe e nos indigne que a administración que xestiona a Memoria funcione de xeito tan sectario, arbitrario e coas mínimas formalidades democráticas.
E por se o almorzo lendo o BOE non fose suficientemente triste, atopámonos que a mesma Dirección Xeral que require unha tradución do galego ao español para despois tirala á papeleira, incumpra tamén a Lei en materia de toponimia, empregando o topónimo La Coruña na resolución do BOE
Esta nova falta de respecto, que denota tamén moita impunidade franquista, non é a primeira vez que temos que solicitar a súa correccción

E por elo que anunciamos que desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña presentaremos alegacións para a salvagarda dos nosos dereitos tanto como asociación como de respecto á nosa toponimia, e a nosa identidade como pobo. Porque esta é a realidade e os feitos. O demais, propaganda e manipulación.
Na mañá de hoxe tamén reclamamos o comunicado pactado entre as entidades convocantes e que reproducimos a continuación:
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) xunto coas entidades abaixo asinantes, quere facer públicas as seguintes consideracións en relación co anuncio do Goberno de España de declarar o Pazo de Meirás como Lugar de Memoria Democrática, no marco do programa “España en Libertad. 50 años”:
1.Falsedades, incumprimentos e falta de garantías
A Lei 20/2022, de Memoria Democrática (LMD), establece con claridade no seu artigo 49 os requisitos para declarar un Lugar de Memoria. Este procedemento precisa dunha incoación formal, publicación no BOE, definición de réxime de protección e medidas provisorias. Nada disto se fixo con transparencia nin co rigor debido.
A CRMH da Coruña presentou o 15 de xullo de 2024 a solicitude formal para a declaración do Pazo como Lugar de Memoria Democrática, avalada por 26 entidades da Iniciativa Galega pola Memoria. A administración non incoou o procedemento no prazo legal de 12 meses, nin facilitou acceso ao expediente, nin respondeu ás nosas peticións de información, incumprindo a legalidade.
O acto anunciado polo Estado non é máis ca propaganda, un intento de disfrazar como resolución o que na realidade é só un inicio de procedemento, sen compromisos reais nin garantías para a preservación da memoria.

2.Usurpación do protagonismo social e galego
O proceso de recuperación do Pazo de Meirás foi obra do activismo social e memorialista galego, que puxo a investigación, a divulgación e a mobilización ao servizo desta causa. Foi o pobo galego quen logrou a reversión do espolio franquista.
O Estado pretende agora usurpar este protagonismo con actos baleiros de contido, como xa fixo en 2021 co chamado “Protocolo de actuacións” que quedou en papel mollado.
Denunciamos unha vez máis que non queremos fotos nin propaganda: queremos compromisos claros e efectivos sobre os usos do Pazo e a súa incorporación ao patrimonio galego.

3.Limitacións no acceso ao Pazo
Resulta inaceptábel que o Estado restrinxa as visitas, reducindo días e horarios, e mesmo limitando o acceso a zonas que antes podían verse cando aínda estaban en mans da familia Franco, obrigados a cumprir o disposto na Lei de Patrimonio Cultural de Galiza
A visita ao interior das torres foi substituida por visitas aos xardíns e exteriores que deberían ter acceso público normalizado, e sen que os visitantes teñan que reservar previamente nos poucos días e horarios no que se posibilitan as visitas, o que provoca que moitas persoas queden sen posibilidade de acceder en momentos de alta demanda como é o verán. Proba delo é que desde fai tempo non hai prazas dispoñibeis para facer a reserva previa.

4.Cincuenta anos de impunidade, non de liberdade
Vincular Meirás ao programa “España en Libertad. 50 años” é unha manipulación histórica. O que houbo en Meirás foron 50 anos de impunidade franquista e de blindaxe dos gobernos, tanto galego como estatal, ao espolio.
O tardofranquismo e a chamada transición consagraron este espolio, ata o punto de crear o “Señorío de Meirás con Grandeza de España” para a familia Franco.
O proceso de recuperación do Pazo está aínda inconcluso, pendente de decisións xudiciais e con actuacións incomprensíbeis por parte do Estado, como o recoñecemento dun suposto dereito de indemnización á familia Franco.

5.Espolio e patrimonio pendente de recuperar
Durante décadas, os Franco espoliaron obras de arte e propiedades vinculadas a Meirás, mesmo chegando a vender patrimonio público como se fose propio.
A día de hoxe, continúan a manter propiedades espoliadas, como a coñecida “Casa das Cunchas”, fronte ao Pazo, adquirida polo ditador en 1962, o mesmo ano en que espoliou tamén a Casa Cornide na Coruña. O Estado non actuou para recuperar os bens que siguen espoliados en Meirás, e o concello da Coruña sigue sen presentar a demanda para a recuperación da Casa Cornide e incumprindo a Lei en materia de simboloxía franquista.

As nosas reivindicacións:
1. O Pazo de Meirás debe ser declarado Lugar de Memoria Democrática con garantías, legalidade e transparencia, e non con meros actos propagandísticos.
2. Debe existir un plan de usos públicos claros, centrado na verdade histórica, na reparación das vítimas e na divulgación do espolio franquista.
3. O Pazo de Meirás ten que ser do pobo galego: a súa titularidade, xestión e usos deben ser transferidas a Galiza, recoñecendo o protagonismo da sociedade galega na súa recuperación.
4. Demandamos a recuperación doutras propiedades espoliadas pola familia Franco, como a Casa das Cunchas e a Casa Cornide, así como medidas firmes contra a impunidade histórica.
5. Exiximos menos propaganda e máis memoria, verdade, xustiza e reparación.
Meirás, 1 de setembro de 2025.
Asinan: ENTIDADES, COLECTIVOS E ASOCIACIÓNS DE GALIZA
- Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH)
- Colectivo “19 de Meirás”
- Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
- Agrupación Cultural O Facho
- Comisión en Defensa do Común
- Asociación Veciñal da Agra do Orzán
- Asociación Veciñal Oza, Gaiteira, Os Castros
- Asociación Veciñal Atochas, Monte Alto, A Torre
- Asociación Veciñal do Castrillón
- Fundación Moncho Reboiras
- Confederación Intersindical Galega (CIG)
- Asociación Cultural Cultura Aberta de Carral
- Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro
- Asociación Cultural Eira Vella (Betanzos)
- Asemblea Republicana de Vigo
- Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova
- Comité pola Memória Histórica do Val do Límia
ENTIDADES, COLECTIVOS E ASOCIACIÓNS DO ESTADO ESPAÑOL
- Coordinadora de Apoyo a la Querella Argentina (CEAQUA)
- La Comuna, Asociación de presxs y represaliadxs por la dictadura franquista.
- Asociación por la Recuperación de la Memoria Histórica de Aragón-ARMHA
- Todos los niños robados son también mis niños
- La Comuna d’Asturies
- Plataforma andaluza de apoyo a la querella argentina
- Accion Ciudadana contra lmpunidad del Franquismo País Valencià
- Martxoak 3 Elkartea – Asociación 3 de Marzo
- Plataforma Vasca contra los crímenes del franquismo



Gracias pola Convocatoria de hoxe diante do Pazo de Meirás e noraboa para a CRMH e a súa directiva por unha resposta tan rápida diante da falcatruada encetada pola Secretaría de Estado da Memoria.
Foi un pracer berrarlle alí ao DES-MEMORIADO don Fernando Martínez que os acordos están para ser cumpridos e que a nosa Comisión segue e seguirá porfiando por un MEIRÁS DO POBO GALEGO.
ATÉ A VITORIA SEMPRE !!!!
Manolo Pazos
Moitas grazas polo teu comentario e polas tuas palabras. O certo é que na Xunta Directiva preocuponos moito que a resposta a semellante esperpento estivese á altura da historia acumulada na loita pola recuperación para o pobo galego que ten por decadas xa a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. E do minimo respecto do que somos merecentes pola Secretaria de Estado de Memoria.
O certo é que tantos apoios en tan pouco tempo (que ainda seguimos recibindo) foron chegando de xeito masivo ñ, xa aue tamen recibiamos apoios a titulo particular . E a colaboración e implicacion doutras asociacións e colectivos fixo posible organizar en tan pouco tempo a demostración de indignación que colectivamente amosamos en Meirás.
Seguiremos atentos na loita, convocando e movilizando cando sexa necesario defendendo a tradición q nos precede na percura do obxectivo que nos uniu como asociación fai xa máis de 20 anos. O Pazo de Meirás é do Pobo Galego !!
Que medre a memoria !!