O estado corrixe graves erros detectados na incoación do procedemento de declaración de San Simón como Lugar de Memoria
Tamén existén erros, neste caso ainda sen correxir, na incoación do procedemento do Pazo de Meirás
A Secretaría de Estado publicou a pasada semana no BOE a incoación de dous procedementos para a declaración do Pazo de Meirás e a Illa de San Simón respectivamente como Lugares de Memoria Democrática, que viñan acompañados de moita propaganda e lumes de artificio, e ningunha garantía destes procedementos.
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña xa denunciara algúns deles no que respecta á incoación do procedemento de Meirás. Hoxe coñecimos a través do BOE, outros graves erros cometidos na incoación do procedemento da illa de San Simón.

Estos erros, non menores, e que publica hoxe a Secretaria de Estado no BOE, afectaban á titularidade das illas, e obviaba o dereito de ocupación que ten na actualidade a Xunta de Galiza
O BOE tamén modifica a solicitude de informes e o trámite de audiencia no procedemento. Este cambio afecta claramente ao papel a desenvolver por parte da Xunta de Galiza neste procedemento, polo que entendemos que foi a propia Xunta quen advertiu destes erros.
Anque a Xunta salvagarda un dereito que ten como administración, preocúpanos fondamente este papel que vai xogar o goberno galego agora no procedemento que vai ter no tramite de audiencia, vista a nula sensibilidade coas vítimas da barbarie franquista en San Simón.
Tamén existen erros materiais na incoación do procedemento do Pazo de Meirás que deben correxirse
Ademais dos erros de interpretación, e sobre a tramitación da incoación do procedemento no caso do Pazo de Meirás, deben correxirse o uso do tóponimo da provincia da Coruña, na que se usa a forma deturpada e ilegal.
Máis tamén existe un erro na solicitude de informes que regula o artigo 79.1 da Lei 39/2015, xa que na relación de entidades ou departamentos que figuran, está un departamento que non existe na Universidade da Coruña. En concreto pídese informe ao “Departamento de Historia Contemporánea de la Universidad de A Coruña”, cando este non existe.
A Secretaria de Estado debe pedir informe á UDC. E debe ser a propia UDC quen emita o informe a través dos departamentos ou areas de coñecemento que considere oportunas. Máis non a través dun departamento que non existe nin existiu xamais na UDC.

