O Estado elimina da previsión de declaración de Lugares de Memoria Democrática o Pazo de Meirás e San Simón
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña presentou o pasado 15 de xullo de 2024 solicitude para a declaración do Pazo de Meirás e en nome de case trinta asociacións memorialistas coordinadas baixo a Iniciativa Galega pola Memoria, para a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria Democrática de acordo co establecido na Lei. A asociación Vagalumes facía o propio a respecto da Illa de San Simón
En xaneiro deste ano, o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática presentaba o programa “España en Libertad. 50 años” onde fixo público como actividade destacada para o mes de agosto a declaración do Pazo de Meirás e a Illa de San Simón como Lugares de Memoria Democrática. Ditas actividades foron eliminadas da programación, sendo substituidas pola declaración doutros Lugares, todos eles fora de Galiza.
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña presentou o pasado 15 de xullo escrito de solicitude de incoación do procedemento establecido, diante da Dirección Xeral competente, para a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria Democrática, de acordo co establecido na Lei de Memoria Democrática no súa Sección 4º.
A solicitude realizouse pola CRMH, como promotora e difusora da memoria democrática, polo que debe ser tramitada segundo o disposto no artigo 50.1 da citada Lei, que establece un prazo de 12 meses para a incoación, e no seu caso, para a declaración -neste caso- do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria Democrática. En concreto establécese que “o expediente resolverase e notificarase no prazo máximo de doce meses desde a data da súa incoación, ou desde a data en que a solicitude entrara no rexistro”
O mesmo procedemento o seguiu a Asociación Cultural Vagalumes a respecto da solicitude de declaración da Illa de San Simón como Lugar de Memoria Democrática.
O mes de xaneiro deste ano o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática presentaba publicamente a programación do programa “España en Libertad. 50 años” no que destacaba dentro da súa programación para o mes de agosto a declaración de Meirás e San Simón como Lugares de Memoria Democrática (realmente era xa enganoso o anuncio, pois realmente debería decir “incoacción do procedemento”).
De feito diante do anuncio tivemos que solicitarlles que respectasen a toponimia oficial de Galiza:

Pois ben, dita previsión desapareceu da programación publicada no enderezo https://espanaenlibertad.gob.es/agenda/, que non prevé xa a declaración de Lugares de Memoria en agosto. A partir de setembro son os seguintes:
Mes de setembro: https://espanaenlibertad.gob.es/agenda/septiembre-2025/lugares-de-memoria
- Lugar de memoria en relación con el 600 aniversario del Pueblo Gitano.
- Portbou (Walter Benjamin)
Mes de outubro: https://espanaenlibertad.gob.es/agenda/octubre-2025/lugares-de-memoria
- Capuchinada.
- Encuentros de Pamplona
Mes de novembro: https://espanaenlibertad.gob.es/agenda/noviembre-2025/lugares-de-memoria
- Ronda y Estatuto de Autonomía Andaluz
Desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña esiximos da Secretaría de Estado de Memoria Democrática esiximos que cumpran os procedementos establecidos pola Lei de Memoria Democrática, e demandamos unha explicación a esta falta de respecto ao asociacionismo memorialista galego.
Queremos lembrar que Galiza sigue sen ter declarado ningún espazo coa consideración de Lugar de Memoria Democrática que contrasta – a xeito de exemplo – cos 10 xa declarados na Comunidade de Madrid ou os 9 de Andalucía (que sumará outro máis de acordo coas modificacións da citada programación de declaración de Lugares de Memoria).
Tamén queremos lembrar que a declaración de San Simón como Lugar de Memoria, e a consecuente aprobación de usos permitidos que leva aparellada, tería evitado as actividades que se están a desenvolver na Illa, claramente incompatibeis coa Memoria Democrática.
Tamén evitarían a constante negativa do Estado a desenvolver actividades de Memoria Democrática no Pazo de Meirás e o cumprimento do réxime de visitas de acordo coa legalidade que o estado incumpre de maneira sistemática.

