O memorialismo galego solicita a declaración do Pazo de Meirás e a illa de San Simón como lugares de memoria democrática
Coordinados baixo a plataforma “Iniciativa Galega pola Memoria”” (IGM), a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña, presentou diante da “Dirección General de atención a las vítimas y promoción de la memoria democratica” dependente do “Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática”, e en nome e representación de máis de trinta asociacións e entidades memorialistas de Galiza, solicitude de expediente para a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria Democrática, conforme ao art. 50 da Lei 20/2022, de 19 de octubre, de Memoria Democrática. A Asociación Cultural “Vagalumes” de Tabeirós-Terra de Montes, fixo tamén a mesma solicitude para a illa de San Simón
A “Iniciativa Galega pola Memoria”,plataforma que coordina á meirande parte das asociacións do país, presentou publicamente na mañá de hoxe en Santiago de Compostela os escritos de solicitude e os correspondentes informes xustificativos para solicitar a declaración de Meirás e San Simón como lugares de memoria democrática maís representativos de Galiza.
Cos trámites realizados esta mesma semana ante a Dirección General de Atención a las Víctimas y Promoción de la Memoria Democrática, pretenden corrixir a eiva que, ao seu entender, supón a carencia de espazos galegos no listado de lugares que inclúe o texto e, nomeadamente, a non inclusión de San Simón e o Pazo de Meirás malia “a súa relevancia histórica e simbólica”.