Actualidade

O papel de Alfonso Molina no espolio do Pazo de Meirás

As investigacións e traballos do memorialismo galego están aportados na causa na que se demostrou o espolio e abusos do réxime franquista na entrega do Pazo de Meirás ao dítador Franco. Fumos capaces de reconstruir todo o proceso, e entre eles, quenes formaron parte daquela “Junta Pro Pazo” del Caudillo e o papel que xogaron concellos, e entidades públicas e privadas. E como determinadas persoaxes se serviron deste proceso para medrar socialmente, recibindo os favores do ditador Franco e o seu réxime.

A día de hoxe siguen aparecendo novos datos que só ratifican documentalmente o relato de reconstrucción dos feitos que fixemos, e que mesmo figuran tamén nas máis de 400 páxinas que ten a primeira das sentenzas ditadas sobre o Pazo de Meirás, que devolven ao patrimonio público o Pazo de Meirás.

Como este documento que aportamos hoxe. Unha carta do quen era presidente naquel momento da Cámara da Propiedade Urbana da Coruña -Alfonso Molina Brandao-, entidade está incorporada como membro da recén constituida Junta Pro Pazo en maio de 1938. A carta decía o seguinte:

Señores propietarios:
Abierta la suscrición para adquirir la residencia dedicada a nuestro invicto Caudillo, esperamos que los propietarios contribuyan con el desprendimiento que siempre han observado a fin de que el Generalísimo, tenga un rincón en la querida tierra que lo vió nacer, donde descansar de las árduas y fatigosas tareas de encauzar y dirigir los destinos de nuestra patria.

La mencionada suscrición, se hará mediante relaciones que serán entregadas a la Junta pro-Pazo, debiendo los suscriptores firmar en las hojas que formarán el Album, que se entregará en el acto de cesión del Pazo y que será la joya más valiosa que adornará aquella mansión, por figurar en él los nombres de todos sus paisanos, como acto de admiración y adhesión a la persona del Caudillo.
 
La Coruña, Mayo de 1938 (II Año Triunfal)

El presidente
Alfonso Molina
E esquerda a dereita. Alfonso Molina e Pedro Barrié xunto ao ditador Franco no Pazo de Meirás

Xunto con Pedro Barrie de la Maza, Alfonso Molina foi unha das persoas máis destacadas no espolio do Pazo de Meirás. Non só captou recursos para a execución do espolio desde a Cámara de Comercio da Coruña. Desde o seu posto como Inxeñeiro Xefe da Deputación provincial da Coruña, redactou e dirixiu os principais proxectos de mellora das infraestructuras que conducían a Meirás, e tamén de boa parte das obras de mellora, ampliación e reacondicionamento do Pazo de Meirás.

En 1947 é nomeado por Franco como alcalde da Coruña. O concello prestará todo tipo de servizos no Pazo de Meirás derivando recursos humanos e económicos para a realización de múltiples tarefas.

Alfonso Molina Brandao; A biografía dun implicado en actividades represivas durante o franquismo

Esta é a biografía realizada desde o Instituto José Cornide pola historiadora Ana Romero, de Alfonso Molina, que forma parte dun informe proposta solicitado no seu día polo concello da Coruña sobre simboloxía franquista na cidade:

Alfonso Molina cursou os estudos de enxeñería de camiños, canais e portos en Madrid desempeñando o cargo de enxeñeiro director de vías e obras da Deputación coruñesa en 1934. Mobilizado polos militares sublevados[1], ademais de continuar o seu traballo na Deputación, durante a Guerra Civil serviu no seu exército como tenente honorífico de enxeñeiros sendo destinado, durante algún tempo, á Agrupación de Ferrocarrís de Madrid.

En outubro de 1936 o gobernador civil nomeou a Alfonso Molina presidente da nova directiva da Cámara da Propiedade da Coruña[2], cargo que simultaneou co de vocal da Xunta Consultiva das Cámaras da Propiedade de España, cargos desempeñados ata 1943. Entre as primeiras decisións que tomou a nova xestora foi a de reorganizar a institución e poñerse de forma incondicional ao servizo das novas autoridades[3], así como de proceder á depuración do persoal da Cámara[4]. Como consecuencia dos procesos abertos, foron destituídos ou expedientados con diversas penas de retirada do soldo e emprego temporais a maioría dos empregados da Cámara[5].

Desde a presidencia da Cámara da Propiedade, Molina impulsou numerosas actividades relacionadas coa exaltación de personaxes como Calvo Sotelo, ao que cualificou de insigne sacrificado, comprometendo a axuda económica da institución para o monumento que se levantaría en Madrid[6] e, especialmente, nas xestións para a adquisición do pazo de Meirás para Franco. Desde esta posición favoreceu a recadación iniciada para doar o Pazo de Meirás a Franco en 1938[7]. Así, desde xuño de 1938 foi dando conta aos membros da xunta directiva dos traballos da Cámara relacionados coas circulares emitidas para incentivar a recollida de donativos por parte dos membros da institución aos que recomendaba que asinasen no álbum que se lle ofrecerían a Franco o día da entrega oficial do Pazo. A Dirección da Cámara agradeceu a Molina o traballo e as xestións realizadas nesta operación: La Comisión [xestora] agradece profundamente a la Presidencia su actividad e interés, que dejó en tan buen lugar a la Cámara, en este obsequio al Caudillo, por la labor tan directa que ha tenido en las reformas del Pazo y dentro de la Comisión a la que pertenece. Como a partir da entrega do Pazo Franco pasa a ser propietario de una finca urbana, enclavada dentro de la jurisdicción de esta Cámara, la Comisión Gestora acuerda elevar respetuosamente al Caudillo el ruego de que se digne aceptar la Presidencia Honoraria de esta Cámara de la Propiedad[8].

Alfonso Molina foi designado concelleiro en agosto de 1938, formando parte da Corporación presidida por Fernando Álvarez de Sotomayor, asignándoselle responsabilidade nunha área que non tiña competencia coa depuración do persoal funcionario do Concello. Tampouco tivo competencias na depuración de funcionarios municipais como terceiro tenente de alcalde nas corporacións presididas por Pérez Ardá e Crespo (1939-1942)[9] e Ozores (1946-1947).

Designado alcalde por Franco, tomou posesión do novo cargo o 3 de maio de 1947 permanecendo nel ata a súa morte en 1958[10]. Durante eses anos foi tamén procurador en Cortes.

Como concelleiro, por desempeñar tarefas alleas ao tema laboral, non tivo relación coas depuracións de persoal municipal, pero si desde o seu posto directivo da Cámara da Propiedade Urbana da Coruña e a súa adhesión aos sublevados foi inmediata, colaborando estreitamente e desempeñando numerosos cargos de designación durante a ditadura ata o seu falecemento. Durante o seu longo mandato como alcalde, o de máis duración de todo o franquismo, foron aceptados para a súa revisión numerosos expedientes de depuración de funcionarios municipais dos inicios da Guerra Civil, e moitos dos encausados foron readmitidos aos seus antigos empregos[11]. A súa estreita relación de amizade co matrimonio Franco-Polo era ben coñecida e de dominio público.

As conclusións do informe. Deben retirarse as honras e distincións a Alfonso Molina

Pero é o seu papel como presidente da Cámara da Propiedade o que o implica directamente nas actividades represoras. Iniciou procesos de depuración laboral, en cumprimento cos decretos da Xunta de Defensa Nacional, e no momento de aceptar o cargo sabía que estaría obrigado a facelo. É, polo tanto, colaborador activo na represión nese momento, e polo tanto se lle deben retirar os honores concedidos: o título de Fillo Predilecto e a Medalla de Ouro da cidade, ademais de cambiar o nome da Avenida[12] e retirar o monólito colocado en Porta Real e o seu retrato no Concello realizado por José Luis Rodríguez Sánchez.

Inauguración do monolito adicado a Alfonso Molina en Porta Real
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *