Actualidade

O “Patronato de Protección a la Mujer” na Coruña

Esta semana aconteceron dous feitos que nos interpelan como sociedade e de maneira especial á nosa asociación que ten como fins e obxectivos a reuperación da memoria histórica na Coruña e en xeral en Galiza.

Esta semana poidemos ver con estupor como a “Conferencia de Religiosos” pedia en Madrid perdón hipocritamente ás mulleres vítimas do “Patronato de Protección a la Mujer” que no caso da Coruña tiña unha das súas sedes no convento das Adoratrices na rúa Gregorio Hernández que podemos ver nunha imaxe da época na portada deste post.

E poidemos ver o orgullo que sentimos por estas mulleres valentes que contestaron tanta hipocresía cun berro de “Verdade, Xustiza e Reparación”!!. Toda unha lección de dignidade.

E esta semana tamén soubemos da presentación do libro de Belén López Cillero titulado “El Patronato de Protección a la Mujer y su junta provincial coruñesa”. Un traballo que compre divulgar, polo que deixamos aquí unha entrevista coa autora en Radio Coruña Cadena SER e outra publicada polo xornal La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2025/06/15/mandaban-ninas-centro-adoratrices-castigo/0003_202506H15C12993.htm

Todo o noso compromiso para a divulgación, coñecemento do que pasou e na reclamación de xustiza e reparación para as mulleres que tiveron que padecer ese calvario que arrepía só de pensalo, e na total impunidade a día de hoxe.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *