20 aniversario da CRMH da Coruña

O resplandor das Atochas

Rescatamos neste apartado conmemorativo do 20 aniversario da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña do roteiro da memoria do barrio coruñés de Monte Alto e as Atochas que serviu como base para a realización do documental “O Resplandor das Atochas” baixo a producción de Lua Filmes”. O texto que acompañou ao documental foi o seguinte:

“O Resplandor das Atochas” é un documental que nace pola expresión dunha marcha rueira do popular barrio de Atochas -Monte Alto que conmemora os acontecementos do 36 coñecidos como “As Atochas”. A partir dese percorrido enmarcado nunha temática de Recuperación de Memoria Histórica, non só coñeceremos ás vítimas, represaliad@s e familiares deles, senón ademais, penetrarémonos na vida e organización do barrio fronte á represión franquista que se ensañou especialmente nesta zona da cidade. Este percorrido conmemorativo a pé de rúa, produciu reencontros de xente do barrio que por distintas circunstancias non se volveron a ver. Os relatos van desempoando a memoria, achegan os recordos dolorosos que perviven protexidos polo paso do tempo. Eran os tempos cando fraternidade, igualdade e liberdade impregnaban a realidade da vida.

O documental foi participado ademais da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, pola Deputación da Coruña e o Concelo da Coruña.

O roteiro percorreu lugares da Memoria da Coruña tales como o Campo da Leña, a Casa da Colares, o antigo Cine Hércules, a Atocha Alta, o Campo de Artillería, a rúa Liberdade (Disciplina), ou a rúa da Torre.

Neste documental podemos ver a participación de, e entre outras persoas, a Lino Braxe (sempre na nosa lembranza), o escritor Manolo Rivas, o investigador Eliseo Fernández, o historiador Dionisio Pereira. Tamén a Iría Leis, Benito Ferreiro, Carlos Pereira, Laura Torres Mestín, o actual directivo da CRMH da Coruña e neto de Alejandro Palacios, Chema Palacios, o presidente daquela da AA.VV. de Atochas -Monte Alto-Torre de Hércules, David Pena, a filla de Joaquín González, Concha González, o arquitecto Xose Lois Martínez, a actual directiva da CRMH da Coruña, Bea Parga Massa, a concelleira daquela no concello da Coruña, María Xosé Bravo, a Javier e Mariquiña Villaverde, bisneto e filla respectivamente de José Villaverde, a Manuel Lugrís, Manuel Monge, Perla Torreiro ou Xurxo Souto , ou quen era daquela presidenta e actual directiva da Comisión pola Recuperación da Memoría Histórica da Coruña Beatriz Gómez Amigo, entre outros e outras.

A continuación podes visualizar o video do documental “O resplandor das Atochas” dedicado a aquelas persoas que defenderon a liberdade na Coruña.

Partillar

Un comentario en «O resplandor das Atochas»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *