O video do acto”Arroz con leche a la Veracruzana”. Galeg@s en México após do 36
Deixamos a continuación o video completo do acto que celebramos en Sada no que presentamos o libro de Graciela Ortega Lorenzo e onde abordamos historia de galeg@s no exilio mexicano após de 1936.
Graciela Ortega Lorenzo, escritora de ascendencia galega, presentounos dende Barcelona o seu libro “Arroz con leche a la Veracruzana”, novela ambientada nos exiliados españois e galegos chegados a México após do 36, dende onde participou Josefina Tomé Méndez, filla de galegos republicanos exiliados e vogal do Ateneo Español de México, primeiro Centro de Memoria Democrática no estranxeiro. O acto estivo organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, a Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos e a AC Irmáns Suárez Picallo de Sada. Pechou o acto Benito Portela, alcalde de Sada.