20 aniversario da CRMH da CoruñaActualidade

O vindeiro mércores 20 de novembro abordaremos a situación xurídica para a recuperación ao patrimonio público da Casa Cornide

Carlos Aymerich

O vindeiro mércores 20 de novembro ás 19:00 horas, e dentro do ciclo de xornadas que estamos a organizar desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña con motivo da celebración do 20 aniversario do nacemento da asociación, abordaremos a situación xurídica da Casa Cornide.

Continuamos así coa segunda das xornadas adicada nesta ocasión aos espolios do franquismo na cidade da Coruña, tras o éxito tanto polo contido como pola participación que tivemos na primeira da xornada adicada a simboloxía franquista.

En concreto abordaremos, nesta data tan sinalada na que se cumpren os 49 anos do falecemento do ditador Franco, dous espolios moi significados e relacionados entre sí, como foi o Pazo de Meirás e a Casa Cornide. Da situación xurídica deste ben, contaremos coa presenza do profesor Carlos Aymerich Cano, cooredactor do Informe Xurídico sobre vías de recuperación da Casa Cornide para o patrimonio público xunto aos profesores José Manuel Busto Lago e Carlos Amoedo Souto, realizado no seu día pola Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña, baixo o encargo do Consello da Memoria Democrática do Concello da Coruña, que podes consultar a continuación.

A palestra sobre a Casa Cornide terá lugar no salón de actos do Circo de Artesans da Coruña nunha xornada organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e o patrocinio do Concello da Coruña.

Partillar

Un comentario en «O vindeiro mércores 20 de novembro abordaremos a situación xurídica para a recuperación ao patrimonio público da Casa Cornide»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *