Actualidade

Onte pechamos con moita emoción os actos ao redor do día da República

Realizamos unha ofrenda floral no memorial Xérmolos ás vítimas da barbarie franquista, e celebramos posteriormente a tradicional cea da República, na que entregamos a distinción a Miguel Angel Gómez “Gus” de Republicano de Honra 2026.

Como ven sendo tradicional, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña realizou a tradicional ofrenda floral ás vítimas do franquismo no Memorial Xémolos, que contou coa intervencións de Beatriz Gómez Amigo por parte da Xunta Directiva da CRMH da Coruña e do Republicano de Honra 2026 Miguel Angel Gómez “Gus”.

A CRMH da Coruña quere agradecer de xeito especial a participación no acto da violinista Beatriz Junco, que puxo as notas musicais neste emotivo e tradicional recoñecemento ás vitimas mortais da brutal represión franquista na Comarca da Coruña.

Reamatada a ofrenda floral, celebramos a tamén tradicional Cea da República, que tivo lugar a partir das 21:00 horas no Hotel Meliá María Pita da Coruña, onde o artista e creador do peza de “Republicano de Honra” Pepe Galán, entregou esta distinción a Miguel Angel Gómez “Gus”.

Deixamos a continuación videos e imaxes dos actos:

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *