Os Maracos e a CRMH da Coruña, entran xuntos no Pazo de Meirás
A asociación coruñesa dos Maracos, que compartiron momentos importantes de reivindicación xunto á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, entraron nunha visita guiada pola nosa asociación este pasado venres no Pazo de Meirás.
Os Maracos, xunto a outros moitos actores sociais, figuran como elemento básico de reivindicación democrática no apartado 1.15 da sentenza do Xulgado de 1ª Instancia da Coruña que ditou sentenza na que se estableu a devolución do Pazo de Meirás ao Patrimonio Público.
Para a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, foi un placer guiar unha visita ao Pazo de Meirás á asociación coruñesa “Os Maracos”, e na que tristemente poidemos constatar o abandono que as administracións públicas teñen, cada paso máis, ao respecto de que poidamos acceder en condicións de normalidade democrática a esta propiedade, reivindicada e recuperada a pulso pola sociedade galega.
Por parte do Estado, siguen incompresiblemente a limitar o acceso ao interior das Torres, incluso máis que o facía a propia familia herdeira do ditador. Por parte do concello de Sada eliminan días de visita e alimentan no verán as listas de agarda para poder anotarse a unha vista guiada ao Pazo, ao respecto do que se facía en anos anteriores.

Reivindicaremos, unha vez máis que se cumpran os nosos dereitos cidadáns en Meirás nos vindeiros días. Máis a constatación destes feitos non impediu que pasaramos unha tarde marabillosa na compaña dunha asociación que partillou con nós, xunto a outros colectivos, entidades e moitisimas persoas, momentos de reividicación para a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público.
Se hoxe o Pazo de Meirás é público, é grazas a quenes aportamos a reivindicación, a investigación e a divulgación social do espolio de Meirás. E o pasado venres fumos cos Maracos a cruzar a porta que estivo no Alcazar toledado. Diante dela reivindicamos moitas veces, durante anos a devolución do Pazo de Meirás.
O azar fixo (a visita estaba planificada desde fai tempo) que tiveramos tamén o privilexio de ver as estatuas do mestre Mateo que estiveron no seu día no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, e na actualidade na capela do pazo de Meirás, como patrimonio público, sentenzado esto polo Tribunal Supremo.




