Parabenizamos e aledámonos polo premio nacional das letras, concedido a Manuel Rivas
Desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, queremos facer públicos os nosos parabéns a Manuel Rivas polo galardon e recoñecemento nese premio das Letras 2024.
Alédamonos moito que unha persoa que sempre colaborou con nós desde o compromiso coa Memoria Histórica, plasmada de xeito marabilloso, tamén cunha calidade e beleza narrativa destacábel na súa traxectoria literaria, reciba este premio tendo en conta ademais tamén o compromiso coa língua galega que mantivo sempre.
Fai uns días rescatabamos un video titulado “O Resplandor das Atochas da productora de “Lua Films” no apartado adicado pola CRMH da Coruña a lembrar o 20 aniversario da asociación, no que podemos ver a Manuel Rivas participando dél e rescatando Memoria da represión franquista de Monte Alto, o seu barrio coruñés natal. Sempre que o chamamos estivo. E sabemos que sempre está nas causas xustas. E a loita pola Verdade, a Xustiza e a Reparación das vítimas da represión franquista, están sempre na axenda do noso amigo e veciño Manolo Rivas.
Mil parabéns!!!