Partillamos o texto de apoio que recibimos de Beatriz Maceda, vicepresidenta da AELGA á concentración deste martes día 2 en Meirás
Queremos agradecer as adhesións que a título individual estamos a recibir desde diferentes ambitos sociais, como o caso da vicepresidenta da Asociación de Escritor@s en Lingua Galega, Beatriz Maceda, que nos manda este fermoso texto que partillamos de seguir:
O paso do tempo non deixa que perdamos a memoria. Na Galiza, esa memoria, segue a ser unha débeda pendente. Non podemos falar de democracia plena, cun goberno que se define progresista, mentres se manteñen nas rúas nomes de persoas vencelladas á ditadura franquista, responsábeis de torturas, asasinatos, e mentres, se mantén a verdade oculta que provocou o exilio, que espolio, roubou o patrimonio privado e público. Compre abrirmos as portas fechadas da Casa Cornide, do Pazo de Meirás, para ceibarmos o ar dos tempos escuros para entramos na historia que nos pertenece.
A verdade é coma unha ferida aberta que é preciso curarmos con xustiza, e reparación. A lei de memoria histórica non é unha recomendación, é unha obriga legal ética. É necesario que a cidade, que todos os espazos que habitamos e aos que pertencemos honren quen loitou pola liberdade pola lexitimidade e por un mundo mellor. As palabras: xustiza, fraternidade e democracia non poden perder o seu verdadeiro significado, nin a historia humana que gardan. A memoria é lermos a ausencia dos libros na biblioteca de Casares Quiroga. A memoria é escoitarmos o silencio das que loitaron e honralas.

