20 aniversario da CRMH da CoruñaActualidade

Pechamos o ciclo de Xornadas polo 20 aniversario con moita participación e interese polos avances da CRMH na investigación dos lugares de memoria da represión franquista na Coruña

Na tarde noite de onte, o salón de actos do Circo de Artesáns quedou cativo para albergar ás persoas asistente ás ponencias que pechaban o ciclo de Xornadas que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organizou baixo o patrocinio do Concello da Coruña.

A primeira das ponencias, non defraudou á espectación xerada. Rubem Centeno foi debullando o seu impresionante traballo de investigación que demostra ás claras que o cemiterio de Santo Amaro agocha as fosas máis importantes de Galiza, documentadas ata este momento, o que convirte a este cemiterio nun lugar de memoria singular. Un traballo que proximamente publicaremos e daremos a coñecer desde a Comisión pola Rercuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Eliseo Fernández encargouse da segunda das ponencias, onde foi narrando feitos e lugares da Memoria da represión na Coruña e a importancia de seguir lembrando e investigando ao redor deles.

Proximamente, ademais da publicación das diferentes ponencias das Xornadas, publicaremos desde a CRMH os videos integros das diferentes ponencias.

O noso agradecemento, como sempre, a Rubem Centeno e Eliseo Fernández polo seu compromiso coa Memoria Histórica

Deixamos unha galeria de imaxes da xornada de onte:

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *