Actualidade

Presentación do documental «Meirás, cambio de relato»

O luns 3 de novembro, ás 20.00 h, preséntase na sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rua Santo André 36 – 1º da Coruña) o documental Meirás, cambio de relato, unha peza audiovisual impulsada pola A.C. Irmáns Suárez Picallo.

Este documental, de aproximadamente 30 minutos de duración, afonda no longo proceso de reivindicación social e institucional que culminou coa recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público. A obra explora o camiño completo, desde as primeiras mobilizacións cidadás ata a histórica sentenza xudicial do ano 2020.

A peza audiovisual pon o foco en narrar a historia desta loita de máis de corenta anos a través da voz dos seus protagonistas. Para iso, recolle os testemuños de actores esenciais no proceso, como os investigadores Carlos Babío e Manuel Monge, a integrante das ’19 de Meirás’ Silvia Seixas, ou Juan Pérez Babío, afectado e testemuña no xuízo contra os herdeiros de Franco.

Este acto está organizado pola A.C. Irmáns Suárez Picallo, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e a A.C. Alexandre Bóveda.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *