Presentación do documental “Meirás, cambio de relato”
Partillamos aquí o documental titulado “Meirás, cambio de relato” que ven de presentar publicamente a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada.
Esta nova reportaxe dunha duración aproximada de 30 minutos sobre Meirás, está divida en cinco partes. A primeira, dedicada a anilizar o proceso de reivindicación da devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público. A segunda parte analiza como se traslada todo un proceso de reivindicación social ao plano institucional por primeira vez. Unha decisión que co traballo comprometido de moitas persoas implicadas no proceso, permitiu que avanzase e se dera traslado a outras instititucións.
En terceiro lugar o documental aborda o traballo de investigación sobre o espolio de Meirás, realizado durante anos desde o ambito memorialístico e a da divulgación social deste traballo, imprescindíbel non so para o coñecemento público do que realmente acontecera en Meirás en relación co espolio do Pazo, senón tamén como aportación probatoria no xuizo pola reclamación do Estado da propiedade.
O cuarto apartado deste traballo esta dedicado ao xuizo celebrado na Coruña en xullo de 2020 sobre a reclamación do estado posesorio das propiedades que conformaron no seu día o que hoxe coñecemos como Pazo de Meirás por parte da avogacía do Estado. Tamén se analiza nesta parte do documental o fallo deste Xulgado de 1º Instancia da Coruña que daba a razón ao estado e obrigaba aos descendentes do ditador Franco a devolver o Pazo de Meirás.
Por último, o filme ofrece un último apartado sobre o futuro do Pazo de Meirás en relación cos usos que se lle poden dar a esta propiedade.
Para analizar todas estas cuestións no documental participan persoas que foron protagonistas fundamentais de todos estes procesos, como o investigador Carlos Babío, o expresidente da CRMH da Coruña Manuel Monge, a integrante das 19 de Meirás Silvia Seixas, o alcalde de Sada Benito Portela, o afectado polo espolio e testemuña no xuizo do Pazo de Meirás Juan Pérez Babío, o exalcalde de Sada Abel López Soto ou a exvicepresidenta da Deputación Goretti Sanmartín.


sumome a loita contra a impunidades dos crimes do franquismo.