Novas do asociacionismo memorialista

Presentación do libro “Guerra de 1936/1939 en Compostela. Campo de Concentración de Lavacolla e Cadeas de Santa Isabel e a Falcona”

A AC. O Galo organiza, á presentación do libro GUERRA DE 1936/1939 EN COMPOSTELA. Un libro no que publican os traballos das persoas que participaron no proxecto COÑECEMENTO  E  VISIBILIZACIÓN DA GUERRA  CIVIL E DA  REPRESIÓN  EN SANTIAGO: A CONSTRUCCIÓN DO CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE LAVACOLLA desenvolvido pola asociación no derradeiro trimestre do ano 2024.

Os artigos que nel se recollen son:

UNHA CIDADE DE RETAGARDA. SANTIAGO E ARREDORES TRAS O GOLPE DE ESTADO DE 1936. DeRafael García Ferreira.

O TRABALLO DAS MULLERES VOLUNTARIAS NO LABORATORIO DE FARMACIA MILITAR DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (1936-1939)De Beatriz Brasa Arias.

O AEROPORTO DE LAVACOLLA:  XÉNESE E CONSTRUCIÓN (1933-1943).DeXerardo Rodríguez Arias

OS PRESOS DO CAMPO DECONCENTRACIÓN DE LAVACOLLA E A VECIÑANZA. TESTEMUÑO DE ELISA TOBAR. DeRosalía Macías Tarrío

No acto intervirán Rosalía Macías, Rafael García, Xosé Lois Rivas e Pilar Lueiro.

Terá lugar o vindeiro sábado, 25 de xaneiro de 2025, ás 19h.  no CSC de Lavacolla.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *