Actualidade

Presentación do libro sobre o 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras

A Fundación Moncho Reboiras, a Fundación Galiza Sempre, A Fundación Galiza Sempre, a Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas, a Asociación Veciñas da Agra do Orzán e o Concello da Coruña, organizan o acto de presentación do libro que conmemora o 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras a mans do aparello franquista en Ferrol.

Un acto que pretende lembrar e poñer en valor a figura de Moncho Reboiras, militante nacionalista clave para comprender a evolución político-organizativa do nacionalismo galego entre 1969 e 1975.

Reboiras foi crucial na conformación da “Fronte Cultural”, que nacería xa por volta de 1973, así como da “Fronte Sindical” e da “Fronte Política”, que darían lugar en 1975 ao Sindicato Obreiro Galego (SOG) e á Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), respectivamente.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 5 de xuño no Centro Ágora (aula 9) ás 19:30 horas. Intervirán Manuel Mera, Marisol García e Xesús Seixo.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *