Programa de actos da CRMH da Coruña ao redor do Día da República 2026
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) organizará una serie de actividades ao redor do Día da República 2026 e a escolla de Miguel Angel Gómez “Gus” como Republicano de Honra 2026. Os actos comezarán cun acto institucional o xoves 9 de abril na Deputación Provincial da Coruña, e rematarán coa entrega da distinción como Republicano de Honra a Miguel A. Gómez durante a tradicional Cea da República que celebraremos o sábado 11 de abril.
En concreto as actividades que desenvolveremos, serán as seguintes:
PROGRAMA DE ACTOS AO REDOR DO REPUBLICANO DE HONRA 2026
Xoves 9 de Abril
12.00h Recepción Institucional na Deputación Provincial da Coruña, coas intervencións – entre outras – do seu Presidente Valentín González Formoso e o Republicano de Honra, Miguel Angel Gómez “Gus”
19:00 Acto de homenaxe e recoñecemento ás presas e presos políticos do franquismo no Salón de Actos da Fundación ONCE (Cantón Grande 3, Obelisco) conducido por Consuelo Bautista:
A loita social, as detencións e torturas; a Fuga de Segovia en 1976. Coa participación de
Miguel Ángel Gómez “Gus”, Republicano de Honra 2026 e preso político do franquismo nos cárceres de Carabanchel, Segovia e Zamora.
Josu Ibargutxi, preso político do franquismo entre 1968 e 1977 e fugado en 1976 do Cárcere de Segovia.
Enrique Gesalaga Larreta, condenado a 50 anos de prisión no primeiro Xuízo de Burgos en 1970 e fugado en 1976 do Cárcere de Segovia.
Presas e presos políticos do franquismo no Cárcere da Coruña. Coa participación de:
Celsa Díaz Cabanela, Marisol García Juárez, Manuel Villares Creo, Sari Alabau e Marga Vázquez Veras

Sábado 11 de Abril
19:00 Ofrenda Floral ás Vítimas do Franquismo (Memorial Xermolos, na Avda. De Navarra da Coruña).
21:00 Cea da República e entrega da distinción como Republicano de Honra a Miguel Ángel Gómez “Gus” (Hotel Meliá María Pita).



Ser republicano e mayor honra que un pode ter son galegista son republicano e orgulloso de selo aqueles que un dia deixaron a sua sangue baixo a bandeira roxa amarela e morada son o alicerce para levar ese nome Republica no corazon e na ialma e un sintimento dende neno pola democracia pola libertade compañeiros o dia 14 Galiza e o Estado Español Estan de festa Saude e Republica