Republicanas e Republicanos de Honra
Cada ano desde o ano 2008, e con motivo do Día da República, a asemblea de socias e socios da CRMH da Coruña escolle unha persoa (ou grupo) para entregarlle o premio “Republicano/a de Honra”. Aquí podes consultar a relación de premiad@s ate o día de hoxe.
Republicanas de Honra 2022
Francisco Martínez López “O Quico”
Quico, nacido en 1925 nunha familia de labregos en Cabañas Raras de O Bierzo, territorio agrario e mineiro, tomou moi novo conciencia social, eclosionada coa II República, vivindo en primeira persoa a esperanza e a mobilización social. Ler máis
Republicanas de Honra 2022
As mulleres do 10 de marzo de Ferrol
Reciben este nome un grupo de mulleres que participaron en numerosas actividades reivindicativas a favor das liberdades en xeral e da clase obreira en particular. A partir do ano 1972 tiveron un papel moi importante na loita pola amnistía dos presos políticos xurdidos a raíz dos sucesos do 10 de marzo en Ferrol. Ler máis
Republicana de Honra 2020
Marco Antonio Santos Soto
Membro do “Ejercito de Tierra”, o Cabo Santos asinou o mes de agosto de 2018 o Manifiesto en contra del Franquismo en las Fuerzas Armadas. Foi un dos poucos militares e gardas civís en activo que o fixo. Por esta razón foi expulsado desta institución militar . Ler máis
Republicana de Honra 2019
Celsa Díaz Cabanela
Celsa Díaz Cabanela estreou o seu título de Republicana de Honra 2019 nun acto na Real Academia Galega. O único preso político da prisión provincial da Coruña en 1974 foi elixido pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica. (Fonte: La Opinión A Coruña) . Ler máis
Republicano de Honra 2018
José Miñones Bernárdez
José Miñones Bernárdez, máis coñecido como Pepe Miñones (Corcubión, 01/05/1900 – A Coruña, 02/12/1936), foi un avogado, empresario e político republicano galego. Membro do Partido Radical primeiro, e seguidor de Martínez Barrio, pasou con el a Unión Republicana, pola que foi escollido como deputado nas eleccións xerais de 1936, nas candidaturas da Fronte Popular, pola mesma circunscripción. . Ler máis
Republicano de Honra 2017
Francisco Pillado Maior
Francisco Pillado Mayor, coñecido como “Pancho” Pillado para as súas persoas achegadas, naceu na Coruña en 1941, e foi un grande impulsor e estudoso do teatro galego, activista cultural, escritor, investigador, tradutor e editor, así como director teatral e docente. (Fonte: Consello da Cultura Galega). Ler máis
Republicano de Honra 2016
Camilo de Dios Fernández
Na década dos corenta e nos primeiros anos cincuenta, a guerrilla foi en Galiza a única, irta e duradeira oposición activa ao franquismo, usando na forma e nos feitos a democracia armada, a loita guerrilleira, a dos soldados da república, como gusta dicir Camilo de Dios. Ler máis
Republicano de Honra 2015
Nicanor Acosta Alonso
Nicanor Acosta foi cura da parroquia coruñesa de San Jorge en 1969. Foi detido por enfrontarse á ditadura e ingresou no cárcere de Zamora. Posteriormente comezou a colaborar con organizacións de comercio xusto, fundou o Foro Propóleo, participou no Foro da Emigración e na Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica. (Fonte. radiocoruna.com Ler máis
Republicana de Honra 2014
Aurora Marco López
“Nacín o 1 de febreiro de 1948 en Noguera de Albarracín (Teruel), un pequeno pobo rodeado de montañas no Macizo do Tremedal, a 1386 m de altitude, na zona norte dos Montes Universais. Ali estaba destinada miña nai, mestra galega, que casara cun aragonés..” (Fonte. Web de Aurora Marco – auroramarco.com) Ler máis
Republicana de Honra 2013
Elvira Varela Bao
Cando xullo 36, Elvira Varela Bao tiña dez anos. Daquel tempo lembrou de por vida a detención da súa nai, a mestra Elvira Bao e a persecución a seu pai, o capitán da mariña Bernardino Varela. O medo que pasaron a partir de entón foi para ela e nas súas propias palabras, “inenarrábel”. (Fonte. Diario Nós) Ler máis
Republicana de Honra 2012
Mariví Villaverde Otero
Nada en Vilagarcía en 1922, Villaverde resultou unha das figuras máis importantes na recuperación da memoria histórica do exilio após a ruptura democrática que significou, para a Galiza e para o Estado español, o golpe militar de 1936 e a posterior represión franquista. Ler máis
Republicano de Honra 2011
Isaac Díaz Pardo
Isaac Díaz Pardo é unha das persoas máis emblemáticas e xenerosas da cultura galega. Naceu en Santiago en 1920. No taller do seu pai, Camilo Diaz Baliño (escenógrafo, pintor e membro das Irmandades da Fala). coñeceu a persoas de relevancia como Castelao, Ramón Cabanillas. Otero Pedrayo ou Antón Villar Ponte. Cando tiña 16 anos o seu pai é fusilado polos fascistas; tivo que fuxir e agacharse na casa do seu tío Indalecio na Coruña. Este tráxico episodio -que marcaría de xeito decisivo a súa vida e deixaria unha forte pegada na súa obra plástica-truncou as súas esperanzas de realizar os estudos de arquitectura.” Ler máis
Republicana de Honra 2010
Luisa Viqueira Landa
A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) nomeou a Luisa Viqueira Landa republicana do ano 2010 o mes que vén pola súa “traxectoria antifascista en defensa da liberdade e dos dereitos humanos”, así como pola súa “contribución á difusión da cultura galega” Ler máis
Republicana de Honra 2009
Teresa Alvajar López
María Teresa Cristina Alvajar López nace na Coruña en agosto de 1921, no berce dunha familia republicana formada pola Irmandiña Amparo López Jean e César Alvajar, destacadas personalidades da cidade.. Ler máis
Republicana de Honra 2008
Dolores García Suárez (Lolecha)
Dolores García Suárez, “Lolecha”, recibiu a distinción Memoria da Coruña 2008; o galardón -unha escultura de Pepe Galán, autor tamén do monumento ás vítimas do Portiño- entregads na Cea da República, que tivo lugar o sábado,12 de abril, no restaurante Fontenova, despois da inauguración do monumento ás vítimas do Portiño. Ler máis