Actualidade

Un filme recomendábel con moita memoria

Hoxe venres, 22 de novembro, terá lugar a estrea do filme “Prefiro condenarme“, dirixido por Margarita Ledo, e producido por Nós – Produtora Cinematográfica Galega.

Sinopse:

A historia de mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, atravesada pola ditadura e a transición, enfróntanos a unha nai díscola, unha esfera familiar en perpetuo desasosego e un xuízo por adúltera aos 33 anos, en 1972, por mor da filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Como unha nova Antígona, Sagrario sitúase fóra da regra e coa súa desobediencia reclama a lei aínda non escrita á vez que o desexo. No fondo, a igualdade coas de “arriba” que ninguén critica.

Prefiro Condenarme é un filme outorgado polo ICAA de “especialmente recomendado para o fomento da Igualdade de Xénero” .

O filme poderá visionarse na Galiza nas seguintes salas:

  • A Coruña:  Cines Cantones
  • A Estrada: Multicines Central
  • Caldas de Reis: Avenida3D
  • Ferrol: cines DÚPLEX
  • Lugo: cines Códex
  • Compostela: cines Compostela e sala NUMAX
  • Vigo: cines Norte e cines Tamberlick

Na diáspora poderá visionarse en:

  • Barcelona: cines Girona e Zumzeig
  • Bilbao: multicines 7
  • Lleida: Screenbox
  • Madrid: GOLEM
  • Pamplona: GOLEM Yamaguchi
  • San Feliu: CINEBAIX
  • Valencia: Babel
  • Valladolid: cines Casablanca

Os pases con presentación da directora/equipa por agora son os seguintes (mes de novembro):

  • Venres 22: en Ferrol nos Dúplex (19:15)
  • Sábado 23: na sala Numax (19:45)
  • Domingo 24: Multicines Norte en Vigo (17:40)
  • Luns 25: en NUMAX (19:45)
  • Martes 26: GOLEM en Madrid 
  • Mércores 27: Zumzeig Barcelona 
  • Xoves 28: Cantones A Coruña
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *