Actualidade

Valoración das asociacións, entidades, colectivos e persoas a título individual diante da publicación no día de hoxe do acordo de declaración BIC do museo Carlos Maside

A Xunta de Galiza ven de publicar no día de hoxe o Decreto 65/2005 polo que se declara Ben de Interese Cultural o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada, da que facemos una primeira valoración sen ter coñecemento do contido da documentación que figura no expediente que sirve á Consellería de Cultura como base xustificativa do contido da declaración.

Neste sentido lembramos que unha das asociacións que conforman a relación de entidades, persoas e colectivos preocupadas pola grave risco de perder en boa medida o legado cultural e memorialista de Isaac Díaz        Pardo e Luis Seoane, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, presentara no seu día alegacións ao expediente no periodo de exposición pública no proceso de declaración BIC.

Unhas alegacións que foron rexeitadas integramente segundo figura no decreto que coñecimos hoxe ao igual que todas as demais. E como parte interesada, reclamará acceso ao expediente íntegro e presentará recurso de Reposición, xa que, e a falta de coñecer os informes e documentación que conforman o expediente de declaración, xa podemos valorar cuestións que resolve o citado decreto que carecen de xustificación, como por exemplo:

– O primeiro que chama a atención é o cambio de nome do Museo, que pasa a chamarse Museo de arte contemporánea Sargadelos-Carlos Maside, desprezando o nome orixinal co que foi creado, polo que sempre se coñeceu e polo que se solicitou a súa declaración como BIC .

– Confírmase que a declaración BIC afecta unicamente ao edificio e á súa colección de arte, desbotando a posibilidade de extendelo ao resto do complexo de Cerámicas do Castro, polo que a contorna de protección é a mesma que a que contempla o PXOM do Concello de Sada, sen que a declaración BIC do edificio do museo engada para esa contorna maior protección do que hoxe xa ten.

Abre a porta a que o museo sexa clausurado con aperturas puntuais,  xa que “o acceso e a visita pública poderán ser substituídos polo depósito do ben nun lugar que reúna as adecuadas condicións de seguridade e exhibición durante un periodo máximo de cinco meses cada dous anos.

– Na relación de obras da colección do museo aparecen inventariadas 1.447 cando existen fontes que elevan o número de obras a 2100 que forman parte da colección, polo que reclamaremos que se xustifique e contraste esta cuestión.

As 31 Asociacións que se adheriron á petición de declaración BIC elaborarán un manifesto para a recollida de sinaturas esixindo que se extenda  a todo o complexo industrial de Cerámicas do Castro, ao igual que se fixo co de Sargadelos en Cervo.

Convocarase nova reunión o vindeiro xoves 2 de setembro ás 19:30 horas no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda aberta á participación de persoas e Entidades, para determinar as accións a seguir no futuro

Listado provisorio de entidades asinantes:

  • AC Eira Vella
  • Ateneos de Galiza
  • Bravexo
  • CRMH Barbanza
  • AC Barbantia
  • AC Terra de Outes
  • A.Veciñal Plataforma Galega de Santiago
  • AC Vagalumes
  • AC Alexandre Bóveda
  • Fundacion Alexandre Bóveda
  • AC O Facho
  • Amigos dos Museos
  • Fundacion Manuel María
  • 19 de Meirás
  • Sumar Coruña
  • AVV Atochas Montealto A Torre
  • Asociacion O Mural
  • Asociación Veciñal Agra
  • Plataforma isaac – Sargadelos
  • Federacion Galiza Cultura
  • Defensado do Común
  • AC Reino da Galiza
  • Union Anarcosindicalista
  • Amigos de Fefiñans
  • Plataforma pola Defensa da ria Sada
  • BNG
  • AVV Oza – Gaiteira – Os Castros
  • AC Irmáns Suárez Picallo
  • CRMH A Coruña
  • Fundación 10 de marzo
  • Marea Atlántica
  • Lugo Patrimonio
  • Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra
  • Fundaçom Artábria de Ferrol
  • Podemos A Coruña
  • Sadamaioria
  • Escolas de Ensino Galego Semente
  • Alternativa dos Veciños
  • Plataforma Carlos Maside

Podes mandar o teu apoio a info@memoriadacoruna.gal

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *