"Patronato de Protección a la Mujer"

Videos da Palestra sobre o “Patronato de Protección a la Mujer” na Coruña

O pasado 19 de novewmbro A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organizou unha palestra,baixo o título:

Institucións represoras feministas no franquismo: O PATRONATO DE PROTECCIÓN A LA MUJER.

Nela participou a investigadora Belén López Cillero xunto a Belén Rumbo, Salomé da Torre e Elena Fariña. Tres mulleres, vítimas do Patronato, aportan súa propria visión dos distintos centros en que foron recluidas, elas ou seus familiares.

Neste primeiro corte, Belén López Cillero fala do Patronato, dos Obxetivos do mesmo, en cumplimento dos intereses da Dictadura franquista en relación á muller, e o xeito de “velar” pola moralidade das féminas, por medio das “Celadoras de la moralidad”.

 O Patronato legalmente funcionou dende 1941 ata 1985, ano de súa disolución, momento en que Mariano Rajoy actuaba como Notario da Xunta de Galicia de Manuel Fraga,.e pasaron as competencias ao Tribunal Tutelar de Menores… En 1961 aparece o COC, a nivel do Estado. En Galicia, a valoración facíase individuamente, en consulta privada ou nos mesmos centros do Patronato.

Non só facíase o estudio xinecolóxico, senon que as mesmas familias podían ingresar ás mulleres, por razóns sicosociais (pobreza ou mal comportamento, á criterio das familias, ser “anormais sexualmente”…) Enviábanse lonxe do fogar ou das residencias, á Madrid , Ávila, a calquer parte da Comunidade… e ata centros psiquiátricos, a maioría de condicións moi duras, para “abrandar” seus impulsos de protesta e de desviación da norma nacional-católica.

Documento: un psiquiatra: fala dunha muller como psicópata de “primera marca”. Para solucionar seu problema, propón hiper-medicala.

Foto: da Maternidade de Peñagrande, un dos centros máis destacados da venda de bebés…Sobre este centro, Belén López fálanos dun documento que pasou 20 anos nun caixón, dende 1968, no que dúas funcionarias denuncian os malos tratos, a carencia de comida, o exceso de traballo, a roupa vella e suxa, a correspondencia e o as chamadas de teléfono controlados…

Documento de 1978, “Vida peligrosa (por su padre)”. Dedúcese que foi violada por seu proprio pai. E mándanna a un “correcional” para mulleres, no canto de mandar a seu pai á cárcere.

Documento.: Menor tutelada, en Pontevedra, no 1967, de comportamento “ deplorable”, despois de coñecer a morte de seu fillo, de seis meses.

Solicitarase traslado ao centro de S. Fernando de Henares, dado seu embarazo, por parte do pai. A pesares de ter xa parido en Vigo (xa se tiña previsto o roubo deste bebé!) á derivarán á maternidade madrileña de Peñagrande, de igual xeito.

Documento: de “Junta Provincial de A Coruña”, formado por tres vogais mulleres, tres vogais homes e un secretario- tesoureiro. Nesta cidade costeira, pídese que poñan especial atención ás praias, e máis polo miudo, ás das aforas da capital, para evitar o “desnudismo”.

Fotografía: edificio das Adoratrices, na Coruña

Documento: interna en 1985, fala do mal trato das monxas adoratrices. Adícanse moitas horas do día a quitar fíos ás prendas da empresa Zara, de Rosalía Mera e Amancio Ortega, a que logo será a fábrica matriz do emporio Inditex. Estas mulleres traballaban gratis para Zara, día e noite.

Fotografía: edificio das relixiosas de Mª Inmaculada, do Parrote, A Coruña

Fotografía: do edificio das relixiosas de Mª Inmaculada de Bañobre, aínda hoxe, 2025, en funcionamento

Documento mecanografado de Pilar e de súa irmán. Con 10 e 12 anos, en 1971. Fala da pésima comida, dos piollos, a sarna, o frío, os continuos castigos e malos tratos.

Fotografía de edificio das monxas oblatas, do Portazgo.

Fotografía de edificio, en ruínas, das monxas oblatas de Compostela, logo convertido en hotel de luxo

Documento da diretora das monxa oblatas de Compostela, Felisa Iglesias, do 9 de xuño de 1970. Sobre unha rapaciña xitana, que deulles moi “mala noite”. Di que de “estos seres” non debera facerse cargo o Patronato, e non deberan ser internadas nestes centros, porque “estos seres non teñen solución”…Respírase racismo inhumano.

Actualidade. Proxectos con Oblatas e Adoratrices.

A día de hoxe, no 2025, séguese a traballar con mulleres vulnerables, ás que tentase evanxelizar, cun goberno que considérase “progresista”. A investigadora entrevistouse coa ministra, que “escurriu o bulto”, e non fixo proposta algunha de implicar ao goberno na eliminación do hoxe Tribunal de Menores, que nunca debera de ter funcionado nas mans da eigrexa, e sí en mans de profesionais que poideran atender á mulleres e cativos con necesidades de apoio.

Salomé da Torre López, neta e filla de represariadas polo franquismo; contanos as vivencias de súa nai, internada nos centros do Patronato

Salomé é neta de muller enlace da guerrilla, Carmen Rodríguez Nogueira, que, torturada salvaxemente, a raíz da Batalla de Chavaga (perto da Pobra do Brollón e Monforte), en 1949, sofriu varios anos de cadea.

En 1938 matáranlle o marido; o ferroviario sindicado na República, José Maximiliano López Centeno, acusado o ano anterior de sabotear as vías férreas. Tiñan daquela duas cativiñas, Manuela , súa nai, de 4 anos, e súa tía, de 2 .

Carmen pasou a ser enlace do chan da II Agrupación guerrilleira. Na batalla de Chavaga morreron varios guerrilleiros, e tamén algúns familiares de Salomé. A Carmen aprésana, lévana á Quiroga, onde é salvaxemente torturada; xúlgana e pasa ao Vello cárcere de Lugo, para rematar o presidio en Madrid, ata o 1952, en que sae por boa conduta.

Para coidar das súas dúas cativas, decide mandalas á Lugo, cunha familia que promete coidalas. Nada máis lonxe!. No tren, sofren o secuestro de estado pola Garda Civil. E intérnanas no centro de Bañobre, Miño, para reeducalas, como fillas de “rojos”, a nai de Salomé, de 15 anos e súa tía, de 13.

Salomé da Torre lembra as vivencias de súa nai. As monxas do colexio do Patronato, en Bañobre, Miño, eran crueis, especialmente coas fillas das “rojas”. Cada vez que rompía algo, eran as nenas dos “rojos”; se faltaba comida, se había chinches, sempre era cousa das fillas das “rojas”…Un dos motivos máis dolorosos para súa nai era cando algunha das pequenas sofría de aneuresis, porque deixabanlle as sabas molladas á vista de todo o colexio, e avergonzaban a nena diante de todas. Ao igual que coa mestruación, que complicábase cos maos tratos psíquicos.

Non podían mandar cartas, libremente, sempre eran censuradas; non podían chamar por teléfono, porque escoitaban as conversas. Cando un tío materno traguíalle roupa, calzado e comida, non lle lo entregaban. A exprotación laboral estaba sempre presente; bordaban enxovais día e noite, para vender as monxas, sen cobrar nada polo traballo.

Sobre estudar, mandabanlles ás familias que aportasen os libros, e os materiais, que nunca usaban elas. Senon que ás nenas do Patronato ás destinaban aos traballos “domésticos” polas casas, polos que tampouco cobraban.

Con 19 anos, súa nai poido sair do Patronato, cando, no 1952 deronlle a liberdade condicional a súa avoa, e voltou de Madrid. Como non podía traballar legalmente, a familia tivo que sobrevivir coa venda dos bordados, que facía súa nai e que aprendera coas monxas.

Cando súa avoa, Carmen Rodríguez Nogueira, saiu da cadea, nunca poido desfrutar da liberdade, xa que apostábase un policía á porta de súa casa, namentras Franco veranease en Meirás, nin tan siquera ir á compra.

Elena Fariña ingresou, polo Tribunal Tutelar de Menores, con 11 anos, no 1986, por “rebelde”, no colexio de Mª Inmaculada da Coruña. Seu pai, alcólico e maltratador de filla e esposa; súa nai, vítima del, e tamén alcólica. A monxa Olegaria rexistroulle o armario aos quince días de entrar, e ameazouna con pegarlle coa regla na seguinte visita… A xornada empezaba ás 7 da mañá coa ducha, coa supervisión da monxa. Tamén obrigábaselle ir á revisión ao despacho, desnuda. Tiña que estudar, facer as labores do centro, corte y confección e mecanografía.

Suspendiu o examen dunha materia; presentouse por segunda vez, e voltou a suspender. A monxa Jimena petoulle coa cabeza na mesa; “a letra con sangue entra”, e causolle un forte golpe . Foi denunciar ao Titular de menores, daquela na esquina de Sto. Amaro. Dende o Tribunal falaron co centro. Ao chegar a hora da ducha, a mesma monxa deulle unha tremenda paliza coa toalla mollada, para que non deixaba pegadas.

Elena Fariña ten gravado a fogo as humillacións, os castigos,… que lle inflixían as monxas de Inmaculada, da Coruña, no Parrote. Aprobou o graduado escolar. Como premio, pasou un bn verán en Bañobre. Empezoulle a mestruación. Tiña que pedir as compresas, desnudarse no despacho da monxa e cambiarse diante dela.

Lembra un castigo por non rezar o rosario. Ir ao 9º andar, derretir xabrón, e con el, bairra á capela e fregar, de madrugada, de xionllos, sangrando todo o chan…

Outro dos castigos foi por tirar uns garabanzos; leváronna de venres a domingo,a unha habitación, soa, nas Adoratrices, sen comida nin bebida.

Outra vez, o castigo que lle infrinxiu a irmá Rosa, por non querer fregar a portería.

A irmá Asunción, con 15 anos, mandábaa ir ás 5 e 6 da mañá, ao mercado de froitas da Grela, a pedir froita polos postos, con humillacións constantes.

Obrigáronlle a estudar “jardín de infancia”;ao mesmo tempo que coidaba crianzas, con 16 anos, na Cidade Vella…Sempre por suposto, sen soldo.

Elena pasou sete anos internada, na Inmaculada da Coruña. Obrigárona limpar polas casas (servicio doméstico), sen soldo. Ao cumprir 18 anos, botárona á rúa, sen lugar onde ir, sen cartos. Formou parella cun home, maltratador, do que tivo duas fillas. O Tribunal de Menores lle las quitou, e déronas en adopción, sen consentimento seu. Refixo súa vida cun bó home, co que ten tres fillos. Nun trámite que tivo que facer na Xunta, atopouse coa persoa que quitoulle súas fillas, e agora exerce en defensa dos dereitos da muller, todo un exemplo de cinismo.

Non conseguiu que lle deran seus expedientes, despois de reclamalos. Ela considera que móvese diñeiro detrás das resolucións do Tribunal de menores, cos procesos de adopción.

Entre o público asistente á palestra, a ponente Belén L. Cillero, pide que participe esta muchacha, como interna das Oblatas do Portazgo.

Sofría maos tratos na súa casa, de pai e nai alcólicos. Fuxe e denuncia na Comisaría de Ministerios, na Coruña, cansada de entrar e sair do Materno infantil polas palizas.

En 1993 deciden mandala ás monxas Oblatas.

Ao mes, mándana á casa, nas vacacións de verán, onde continúan os maos tratos. De novo, palizas, a ela e a seus dous irmáns; rebélase sempre contra o mal trato, especialmente aos máis cativos.

Interna das Oblatas: defendía sempre as nenas pequenas, contra os maos tratos das monxas. Tiña tamén enfrentamentos con outras compañeiras maiores, que abusaban das rapaciñas.

Caso de “merchera”: ingresou polos maos tratos de súa avoa. Denunciono o caso, e no Tribunal de Menores non fixeron ren. A meniña xitana sofría enuresis. Ela tentou axudala, e durante un mes, levantábaa para orinar de noite. A mesma noite que as monxas mercáronlle unha moneca por pasar un mes sen mollar as sabas, non á levou ao servicio, e mollou as sabas; as monxas, en venganza, diante dela, racháronlle a moneca …

En Nadal, mandábanlles pasar as vacacións na casa. Unha noite súa nai abandóaos, a ela, con 16 anos, a seu irmán de 15 e ao pequeno, de 6. Sen comida. Ao remate das vacacións, ten que irse ao centro das oblatas, e por medio do Tribunal de Menores, internan tamén a seus irmáns. Ós levan a Sta. Cruz, pero só aos irmáns. Non consinten que el vaia con eles.

Con 17 anos, á botan fora do centro, por rebelde, e durme na rúa. Súa nai volveu, e fíxose cargo , mais só dos irmáns.

Tiñan actividades pagadas pola Xunta. Un día as maiores non foron ás extraescolares, e as monxas castigáronnas, separándoas. Mais ás chicas xitanas non lles pasou ren; só ás que non tiñan protección das familias.

Cree que a Xunta pagaba os gastos para manutención, roupa,…, pero a elas só lles daban material de estudo, calzado e roupa sempre vellos.

O centro das oblatas do Portazgo abandonouse.

Ó ocuparon uns chicos e atópanse alí os expedientes das internas. No 2008 contactan con ela, ela non quere nese intre a documentación e despois quéimana. Pasado o tempo, quere recuperar seus expedientes, en posesión da Xunta, no edificio da praza de abastos de Elviña,da Coruña, e o funcionario que á atende non lle los aporta… Ironías da Administración galega: por “protección de datos”, cando a documentación andivo en má de quen quixera vela no edificio abandonado do Portazgo

Tampouco permitiron que a investigadora Belén L. Cillero consultara os expedientes, antes sen ningún xeito de custodia.

As mulleres vítimas directas da represión do Patronato, e dos centros de menores , do Tribunal de Menores, e das congregacións relixiosas responsables, fan un alegato final.

Elena considera que son realmente unha mafia, e lembra as verbas de seu avó:

“A igrexa é un comercio

Os curas uns comerciantes

E ao toque das campás acoden os ignorantes”

Falta moito por chegar a facerselles Xustiza. A Reparar tanta crueldade con menores e mulleres. E para elo, precisamos sempre saber a Verdade. Para que Nunca Máis esta realidade poida volverse repetir.

Grazas Belén López Cillero por teu traballo e ás mulleres vítimas, por súa valentía e perseveranza

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *