“Vivás en nós”. O primeiro dos Cadernos Republicanos editado pola CRMH da Coruña no ano 2011
O 29 de abril de 2011 a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña presentaba publicamente o primeiro dos Cadernos Republicanos adicados á Memoria Histórica antifranquista. O acto tivo lugar no Kiosko Alfonso da Coruña e contou coa presenza dos autores deste caderno adicado ás mulleres represaliadas polo franquismo na Coruña a ráiz de 1936; Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer.
O caderno publicado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, contou coa colaboración do Ministerio da Presidencia, da Deputación da Coruña e do Concello da Coruña a través das concellarías deCultura e a de Igualdade e Participación Cidadá.
Recuperamos este documento a continuación en formato dixital: