A CRMH da Coruña organiza un ciclo de xornadas sobre memoria da Coruña dentro das actividades programadas polo 20 aniversario do nacemento da asociación
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña celebra o 20 aniversario do seu nacemento, comezando coa organización dunhas interesantísimas xornadas durante o mes de novembro. As palestras previstas serán as primeiras actividades que a CRMH organizará, ás que se sumarán outros actos e iniciativas que se desenvolverán no mes de decembro e durante todo o ano 2025.
Estas Xornadas celebrarémolas durante tres mércores seguidos, todas elas no salón de actos do Circo de Artesáns da Coruña (Rúa Santo André 36). A primeira delas o mércores 13 de novembro, adicada a analizar a simboloxía presente no concello da Coruña. Na palestra que titulamos como “Restos do franquismo na cidade da Coruña“, participarán o concelleiro delegado de memoria histórica, Gonzalo Castro, a historiadora Ana Romero e o sociólogo e vítima do franquismo, Manuel Monge.
A segunda xornada terá lugar o mércores 20 de novembro, coincidindo co 49 aniversario da morte do ditador Franco. Para esta data escollemos unha palestra adicada a bens espoliados polo franquismo no noso entorno e que tiveron como beneficiarios ao propio ditador ou a súa familia. En concreto titulamos a Palestra como “Espolios do franquismo na comarca da Coruña” no que abordaremos a situación e os procesos de recuperación do Pazo de Meirás e a Casa Cornide.
No caso de Meirás, pensamos darlle un enfoque diferente ao habitual, esto é, dar a visión do proceso desde unha perspectiva xornalística. Para elo contaremos cunha mesa de luxo, xa que contaremos con tres xornalistas galegas que cubriron diferentes etapas do proceso desde a prensa escrita. Elas son Antares Pérez e Marta Otero (Diario La Opinión A Coruña) e Silvia R. Pontevedra (Diario El Pais)
Nesa mesma Xornada abordaremos a siituación xurídica para a devolución ao patrimonio público da Casa Cornide. Para elo contaremos con Carlos Aymerich coautor do informe xurídico encargado polo concello da Coruña sobre as vias de recuperación da Casa Cornide.
A terceira xornada terá lugar o mércores 27 de novembro e estará adicada a lugares da memoria da represión na cidade da Coruña que terá duas palestras. Unha primeira adicada ao proxecto de investigación sobre fosas e enterramentos clandestinos no cemiterio de Santo Amaro realizado por Rubem Centeno e que leva por título “A Cidade sepultada: a difusom do terro e as fosas franquistas de Santo Amaro“. A segunda palestra levará por título ” Memoria viva da represión da Coruña” a cargo do Documentalista e Investigador Eliseo Fernández.
Estas xornadas contan co finanzamento do Concello da Coruña a través dun convenio asinado entre esta institución pública e a CRMH da Coruña.
Esto debía de ser materia obrigatoria Nas escolas.,as privadas tame’n.,e que os pais,e mais falen cos fillos sobor de todo o qué aconteceu dende o golpe de estado de paquito até Hoxer.,e qué sabían as vidas que costou até chegar a hice en día.,e o 13F.Un saudo pra tod@s e grasas por compartir.
Pingback: Hoxe celebramos a primeira Xornada con motivo do noso 20 aniversario adicada aos restos do franquismo na cidade da Coruña - Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña