Xornadas 20 aniversario da CRMH da Coruña
Os días 13, 20 e 27 de novembro de 2024, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organizou baixo o patrocinio do Concello da Coruña, unhas Xornadas conmemorativas do 20 aniversario da CRMH da Coruña.
As Xornadas contaron cunha ampla participación, e nelas abordáronse diferentes temáticas. Así o día 13, dedicamos as ponencias aos “Restos do franquismo na cidade da Coruña” na que participaron por esta orde Manuel Monge (Sociólogo e vítima do franquismo), Ana Romero (historiadora) e Gonzalo Castro (Concelleiro de Cultura e Memoria Histórica). Moderou a mesa Manuel Villares, membro da Xunta Directiva da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
O día 20 organizamos unha Xornada dedicada aos “Espolios do franquismo na comarca da Coruña” e a dividimos en dúas ponencias. Na primeira delas abordamos a situación e proceso de recuperación do Pazo de Meirás desde unha perspectiva das persoas que teñen como misión dar traslado á sociedade dos acontecementos e novidades que se producen desde a profesionalidade; o mundo do xornalismo. Titulamos a ponencia “O Pazo de Meirás. Unha visión desde o xornalismo da loita pola devolución“.
Participaron desta ponencia as xornalistas Antares Perez e Marta Otero do xornal La Opinión de A Coruña, e Silvia R. Pontevedra do xornal El País.
A segunda ponencia desta Xornada, adicámola á actualidade sobre a Casa Cornide. Participou nela o profesor Carlos Aymerich Cano, coautor do Informe da Universidade da Coruña sobre as vias de recuperación da Casa Cornide para o Concello da Coruña. Unha ponencia que titulamos “Casa Cornide. Situación xuridica para a devolución ao patrimonio público“. Participou na moderación da Xornada o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Carlos Babío.
A terceira e última da Xornada prevista, estivo dedicada aos lugares da memoria da represión na cidade da Coruña que dividimos en dous bloques. O primeiro que se abordou nesta xornada foi o traballo de investigación de Rubem Centeno sobre fosas no cemiterio de Santo Amaro e que leva por título “A cidade sepultada: a difusom do terror e as fosas franquistas de Santo Amaro” . A través desta investigación pódese concluír que no cemiterio de Santo Amaro existiron fosas localizadas neste traballo, nos que se realizaron enterramentos clandestinos de moitas persoas asasinadas ou fusiladas desde os primeiros momentos da sublevación, que pola cantidade de enterramentos realizados (272 documentados ata o momento) pode converter estás fosas nas máis importantes de Galiza.
Eliseo Fernández encargouse da segunda das ponencias que levou por título “Memoria viva da represión na Coruña” onde foi narrando feitos e lugares da Memoria da represión na Coruña e a importancia de seguir lembrando e investigando ao redor deles.
“Restos do franquismo na cidade da Coruña”
“Espolios do franquismo na comarca da Coruña”
“Lugares da memoria da represión na cidade da Coruña”
Videos das Xornadas 20 aniversario da CRMH da Coruña
Videos realizados baixo o patrocinio do