Quen somos

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Os primeiros pasos démolos no ano 2004 (a primeira xuntanza foi o 9 de novembro, ás 20 h no local Portas Ártabras, convocados por Manuel Monge, mediante unha chamamento nos medios de comunicación locais). En 2005 aprobamos os estatutos, tras varias asembleas moi participativas e rexistramos a asociación na Consellería de Interior, Xustiza…

Preparáronse e redactáronse os estatutos da asociación, nunha proposta preparada por Xosé Manuel Carril. Despois de diversas discusións en asemblea de socias e socios para conseguir o máximo consenso, aprobarónse. Nomeouse unha xunta directiva e legalizáronse os estatutos o día 17 de outono de 2005.

Durante estes anos a CRMH desenvolveu numerosas actividades, contribuindo á eliminación de máis de 50 símbolos franquistas na cidade da Coruña, realizando roteiros polos lugares da memoria; homenaxe ás vítimas da represión franquista; congreso da guerrilla antifranquista; conferencias e presentacións de libros; celebración do Día da República; concntracións e reivindicación para a recuperación do Pazo de Meirás para o Patrimonio Público, etc.

Os obxectivos da Asociación

A CRMH ten como fins os que se indican deseguido:

  1. Recuperar a memoria histórica da Galiza, porque non pode entenderse o presente e construír o futuro se ignoramos o noso pasado.
  2. Recuperar e divulgar a memoria histórica de todos aqueles cidadáns galegos, homes e mulleres de moi diversas ideoloxías (en todo caso leais ao réxime constitucional da II República, ás liberdades democráticas vixentes naquel momento e ao Estatuto de Autonomía de Galiza), que, tras o levantamento militar antidemocrático e inconstitucional de 1936, foron asasinados, pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista, foron perseguidos e encarcerados até o exterminio ou tiveron que padecer a emigración e o exilio ―tamén na propia terra―, mesmo continuándose nel, nalgúns casos, a loita polo restabelecemento das liberdades do pobo galego e pola reconstrución dun réxime democrático na Galiza.
  3. Coordinar, dar pulo e axudar no traballo de cantas persoas e entida­des, tanto públicas como privadas, realicen actividades encamiñadas á recuperación da memoria histórica da loita galega antifascista, en xeral, e antifranquista, en particular.

Podes a continuación consultar os Estatutos da CRMH da Coruña


Na actualidade a Xunta Directiva conta cos seguintes membros:

Presidente: Carlos R. Babío Urkidi
Secretaria: Beatriz Parga Massa
Tesoureira: Beatriz Gómez Amigo
Vogais: Manuel Villares Creo, Xosé María Palacios Ares, María Teresa Correa Fernández Carrascosa, Natalia San Vicente Pellicer, Ramón Isasi Méndez, Pilar Vázquez Rodríguez, Emilio Vega Rodríguez e María Dolores Ares Torres


Partillar