Testemuñas da represión

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, realizou unha serie de entrevistas a testemuñas directas da barbarie franquista na comarca da Coruña. Neste espazo podes visulalizalas. O primeiro dos videos contén un resumo de todas as testemuñas gravadas.

Este sinxelo traballo naceu da necesidade de recoller a memoria das vítimas da represión do franquismo e darlle sua necesaria divulgación. A moitas persoas xa non lles deu tempo contar suas vivencias, outras non quixeron, precisaban esquecer e levaronse consigo suas lembranzas, e a moitas máis non ás chegamos a coñecer. Son esa intrahistoria que forman as pequenas memorias e que contribuirán facer unha historia máis ampla e que complemente á que figura moitas veces nos textos, á que escribiron os gañadores, a das denuncias, os xuizos, as sentencias… Leváronna a cabo membros da Xunta Diretiva da CRMH…

Continuaremos a dixitalizar materiais para seguir compartindo a memoria oral.

Partillar