20 aniversario da CRMH da Coruña

13 anos da presentación do documental “Miracielo. Vida e morte de Manuel Ponte Pedreira” de Pablo Cés

Tal día coma hoxe de fai 13 anos, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, organizaba un acto de presentación do documental de Pablo Ces titulado “Miracielo. Vida e morte de Manuel Ponte Pedreira” que tivo lugar na Fundación da desaparecida Caixa Galicia.

O acto servía tamén como homenaxe a este guerrilleiro antifranquista, que tiña entre os seus alcumes, ademáis de “O Xastre” o de “Miracielo.

Ademais da presentación e homenaxe a Manuel Ponte, o acto incluira unha mesa-coloquio coa participación de Maruchi Ponte Rivas, filla de Manuel Ponte, os historiadores Bernardo Máiz e Manuel Pazos e Rubén Afonso en representación da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Tras un recital de poesía, actuaron Mini e Mero, do grupo “A Quenlla” e de Miro Casabella.

O acto de homenaxe conmemoraba así o centenario do nacemento de Ponte Pedreira.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *