Actualidade

30 anos de asociacionismo memorialístico na Galiza

O mércores 14 de outubro ás 19.30 h a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda acollerá a palestra titulada 30 anos de asociacionismo memorialístico na Galiza co historiador Carlos Diegues, que explicará cal foi o substrato do memorialismo galego e identificará os colectivos e as actividades memorialísticas máis destacadas durante o período 1977-2007.

A palestra será unha boa oportunidade para facer balance dos principais logros do movemento memorialístico galego e dos seus desafíos para o futuro.

O acto contará coa intervención de Uxío-Breogán Diéguez, director da Cátedra de Memoria Histórica da UCD e de Carlos Babío Urkidi, presidente da CRMH da Coruña.

Carlos Diegues é doutor en Historia pola UNED, cunha tese centrada no proceso de recuperación da memoria democrática na Galiza. Froito desa investigación é o libro Un pobo con memoria, coeditado pola asociación cultural Xermolos, de Guitiriz, e polo Instituto Galego de Historia.

Podes inscribirte na web da AC Alexandre Bóveda:

https://acalexandreboveda.gal/event/30-anos-de-asociacionismo-memorialistico-na-galiza

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *